Naceu en 1912 no condado de Surrey (Inglaterra).
Estudou no prestixioso King’s College de Londres e convertiuse na segunda muller en obter o Grao de Matemáticas en tan só dous anos. Tamén obtivo o Máster en Mecánica Cuántica e posteriormente o Doctorado en Física Nuclear.
Pero a súa vida cambiou grazas a un regalo de voda. Aquel regalo fixo que unha física nuclear cambiara o seu campo de interés e se convertira nunha eminencia mundial en apicultura. O regalo foi unha colmena.
Convertiuse na maior experta mundial nas abellas e nunha gran divulgadora ,que enseñou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultores e granxeiros ao longo de todo o planeta. Ademais do comportamento das abellas e a síntese do mel, realizou importantes estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura. Descubriu que o mel se utilizaba para axudar a preservar cadáveres na antigua Babilonia, que o Viet Cong utilizou abellas como armas de guerra e que apicultores dunha remota rexión de Paquistán utilizan as mesmas colmenas que se utilizaban na época de Alejandro Magno. Recolectou, fotografiou e catalogou máis de dous mil obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o mundo.
Lembra que as abellas son un pilar fundamental para a vida na Terra.
1 comentario:
Sin as abellas moitas especies de plantas non poderían reproducirse, xa que as flores non serían polinizadas . Moitos dos froitos e sementes deixarían de existir, incluidas as plantas das que nos alimentamos os humanos ou o gando. Esta é a importancia das abellas na agricultura e a gandería.
Entón,qué pasaría si non houbese abellas? Sin a súa presencia , non teríamos que comer. Un mundo sin abellas, é un mundo sin comida.
Publicar un comentario