31.7.23

CARNYX

A súa orixe sería a Idade de Ferro da civilización celta que habitou Europa nas zonas de Britania (actualmente Inglaterra), A Galia (actualmente Francia), Iberia (actualmente España e Portugal), Dacia (actualmente Rumanía e Moldavia ) e Xermanía (actualmente Alemania).

Tivo un uso exclusivamente militar, e servía para indicar ordes ás tropas, inspirarse no combate e para infundir medo ó inimigo co seu son.

Clasifícase según o tipo de "campana" que tivese, inspirada en diferentes tipos de animais.

  • "Campana" de Porco: son as máis abundantes . Tamén se pode considerar como cabeza de xabalí.
  •  "Campana" de Serpe.
  •  "Campana de Ave": posiblemente dun pato ou un ganso.



27.7.23

Os alimentos máis ricos en PREBIÓTICOS

As evidencias sobre os beneficios asociados aos prebióticos van aumentando co paso dos anos. Estas son substancias ricas en fibras que serven de "alimento" para as bacterias beneficiosas do noso intestino, coñecidas como "probióticos". Estos últimos son os microorganismos que se adquieren consumindo alimentos fermentados como o iogur ou o kéfir.

Os cinco alimentos máis ricos en prebióticos serían:

- Follas de “diente de león”

- Alcachofa de Jerusalén, tamén chamada tupinambo ou topinambur.

- Allo.

-Puerros.

-Cebolas.

Todos estos alimentos conteñen entre 100 e 240 mg de prebióticos por gramo de alimento (mg/g). Outros alimentos ricos en prebióticos serían os derivados da cebola como cremas e os aros, o caupí ou xudía de careta, espárragos e incluso os cereales All-Bran de Kellogg's, con cifras de 50-60 mg/g.




 


26.7.23

AXENDA 2030

O 25 de setembro de 2015, a Asamblea Xeral da ONU aprobou que os seus países membros acadasen unha serie de obxectivos, recollidos na denominada "Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible", ou simplemente " Agenda 2030".

Non hai que olvidar que a ONU é o maior organismo internacional do planeta e está integrada por 193 estados soberanos. Da ONU dependen tamén outras organizacións mundialmente coñecidas como UNESCO, ACNUR ou UNICEF.

Os obxectivos falan de acabar coa pobreza e a fame, mellorar a saúde e o benestar dos seres humanos, mellorar a calidade da ensinanza, promover a igualdade de xénero, facilitar o acceso a auga potable, aspirar a un futuro no que empreguemos enerxías renovables e non contaminantes, promover o traballo decente, reducir as desigualdades, facer as cidades máis sostibles, coidar os mares e ecosistemas terrestres, promover a paz e a xusticia...

 

16.7.23

ESPONXAS

As esponxas son obxectos porosos, que se empregan nun ambiente húmedo e cálido e que en pouco tempo acumulan unha gran cantidade de células mortas. Eso é un parque de atraccións para as bacterias, especialmente para as Pseudomonas aeruginosa .

Cambiar a esponxa de ducha é importante si queremos evitar certas infeccións. De feito, o seu uso non é imprescindible, polo que non usala sería aínda mellor. É aconsellable facelo cada 3 ou 4 semanas e, por suposto, si somos varias personas na casa, debemos ter unha para cada unha

Cando falamos das esponxas de cociña (estropajos), o cambio debe ser moitois regular, unha vez á semana.

O estropajo non queda máis remedio que usalo. As esponxas de baño sí son prescindibles e, si as cambiamos cando corresponde, supón unha gran acumulación de residuos que, salvo que sexan de materiais biodegradables, termina sendo contaminante.