24.2.22

Sir Isaac Newton

Un dos máis grandes xenios da historia da ciencia. Sin esquecer as importantes aportacións ás matemáticas, a astronomía e á óptica, o máis brillante da súa contribución pertence ó campo da física, ata o punto de que  a física clásica e física newtoniana son hoxe expresións sinónimas.

 


22.2.22

4º ESO

 


CHICLES

É unha goma masticable con sabor doce.

A maioría dos chicles actuais utilizan unha base de plástico neutro, tamén coñecido como acetato de polivinilo, que é un PLÁSTICO tipo termoplástico.

Un dos principais usos do acetato de polivinilo é como pegamento (principalmente atópase en adhesivos ou pegamentos para madeira) ou en pinturas.

Antes empregábase a savia dunha árbore tropical: o chiclero.

Nota: un chicle tarda en descomporse na natureza uns cinco anos.


UN POUCO DE HISTORIA

Na antiga Grecia ou en Exipto xa se mastigaban resinas de árbores e plantas con propiedades medicinais.

O chicle moderno naceu nas selvas de Centroamérica. Foron os “mayas” quen comezaron a recolección da savia do chicozapote, unha das árbores máis abundantes da zona. Tras un proceso de secado, obtíñase unha goma masticable que usaban para limpar os dentes e a boca ou ben para inhibir a fame.

O nome con que os “mayas” coñecían esta goma foi “sicte”, que significa sangue. O seu uso extendeuse e chega aos aztecas co nome de “tzictli” (a palabra significa pegar) e posteriormente pasa á lingua española como chicle

 

NOTA: Thomas Adams foi un científico e inventor estadounidense do s. XIX. É considerado como fundador da industria do chicle comercial.

Máis adiante, a marca ADAMS lanzaría outros produtos como: Trident (1962), Halls (1971) e Bubbaloo (1977).

 


 

21.2.22

Mates 4º

 


MATEMÁTICO

 Saberías obter os números de 0 a 9 empregando catro 4?

Tes que empregar sempre os catro catros e as operacións aritméticas....



17.2.22

World Whale Day

Son animais vertebrados, mamíferos placentarios, cetáceos e, concretamente, cetáceos misticetos. Conforman a familia dos balaénidos ou das baleas barbadas.

Estos animais poden chegar a medir entre 25 e 32 metros e os exemplares máis grandes poden chegar a pesar 180 toneladas. De feito, unha destas especies de balaénidos, a balea azul, é o animal máis grande do mundo na actualidade.

CURIOSIDADES

·       As baleas azuis broncéanse para evitar os danos provocados polos raios ultravioleta (UV), que poden causar lesións na súa pel.

·        Todas as baleas “jorobadas” macho cantan a mesma melodía de apareamento. 

·        Pénsase que poden imitar a voz humana.

·        Navegan coa mesma precisión dun “GPS”

·     Poden tragar máis do seu propio peso en auga, para logo filtrar millóns de exemplares de krill, pequenos crustáceos que constitúen o seu alimento principal.

·       O ruído das hélices e dos motores dos grandes barcos estresan ás baleas.

·        As orcas son unhas das nais máis protectoras da natureza.


 

 

PRIMEIRA VIAXE EN AVIÓN

 


16.2.22

KOMBUCHA

Bebida china feita a base de té negro e verde, endulzada con azúcar ou mel e fermentada con microorganismos( bacterias e lévedos).

Esta variedade de té remóntase a 2.000 anos atrás e consumíase regularmente na antiga China.


 

15.2.22

Os números-xeroglíficos exipcios

  • 1 un trazo.
  • 10 unha manta para o gando.
  • 100 unha bobina de corda.
  • 1,000 unha planta de loto.
  • 10,000 un dedo.
  • 100,000 un cágado ou ra,
  • 1,000,000  un deus cos brazos alzados sobre a súa cabeza.

Números de egipto

 

10.2.22

11 de febreiro DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

En 2018, un de cada tres investigadores eran mulleres. En moitos países xa se acadou a paridade nas ciencias da vida, e incluso dominan este campo, nalgúns casos. Sin embargo, as mulleres siguen sendo minoría  na informática, a tecnoloxía da información dixital, a física, as matemáticas e a inxeniería. Estos son os campos que están impulsando a revolución dixital e, polo tanto, moitos dos empregos do futuro. ANIMARSE, RAPARIGAS!!!