15.11.22

MARGARITA SALAS

 O 7 de novembro de 2019 (o mesmo día do necemento de Marie Curie) Margarita Salas fallecía aos 80 anos.

 Naceu en Canero, Asturias. Aos 16 anos ingresa na facultade de Químicas en Madrid. Alí coñece ao premio Nobel de Mediciña Severo Ochoa, célebre científico que foi unha gran inspiración para a súa carreira, e a que a orientou hacia a bioquímica.

Viaxou a Nueva York e realiza na súa universidade a tesis postdoctoral Dirección de lectura del mensaje genético y mecanismos de iniciación de la biosíntesis de proteínas baixo a tutela de Severo Ochoa. O seu traballo predoctoral titulouse: Metabolismo de hidratos de carbono.

Margarita Salas patentou o método do ADN polimerasa phi29, que permite amplificar millóns de veces o ADN para poder ser analizado. Esta patente sigue sendo a máis rentable que presentou o CSIC (“Consejo Superior de Investigaciones Científicas”). Dado que a patente expirou en 2009, o equipo de Salas sigue traballando en melloras que xa foron patentadas e son explotadas por varias empresas, en materias como a forense, a oncoloxía e a arqueoloxía.

O fallecemento de Margarita Salas conmocionou á comunidade científica nacional e internacional, e será recordada como unha das mentes máis brillantes da historia da ciencia en España, e como unha das figuras femininas máis inspiradoras.

 

 


 

No hay comentarios: