28.9.22

29 setembro 2022 DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE A PERDA E O DESPERDICIO DE ALIMENTOS

 

O Día Internacional da Concienciación sobre a Pérdida e o Desperdicio de Alimentos celébrase o 29 de setembro gracias a un decreto oficial establecido pola ONU . Ten como principal obxectivo evitar que os alimentos se desperdicien, xa que son un ben escaso, sobre todo, en aqueles países onde os índices de pobreza van en aumento cada día.

Unha solución:

O Banco Mundial de Sementes está ubicado nunha rexión do “ Archipiélago Ártico”, en Noruega, onde se atopan  depositadas unha gran variedade de sementes traídas dos cinco continentes. Ten como obxectivo asegurar a preservación dos alimentos da poboación en caso de presentarse un cataclismo de grandes proporcións en todo o planeta.

Este lugar, chamado tamén "La bóveda del fin del mundo", en Svalbarg, inaugurouse en febreiro do ano 2008 e alberga variedades únicas de sementes de África, Asía, Europa e América, entre as que se atopan arroz, millo, sorgo e trigo, así como unha gran variedade doutras sementes, incluíndo as de uso medicinal.

A idea da súa localización é preservar este tesouro da humanidade nun lugar conxelado a máis de 150 metros de profundidade, co fin de garantir que as instalacións ou depósitos das sementes non sufran ningún tipo de dano, como inundacións polo desxeo dos casquetes polares ou a presencia de desastres naturais como terremotos, volcáns ou radiacións.

É unha sabia decisión, tomada polos gobernos e organismos internacionais de todo o mundo co único fin de preservar as distintas especies vexetais e animais, así como a supervivencia da raza humana por moitos séculos máis.


https://www.youtube.com/watch?v=E-bXhBZ-Kg0


 

27.9.22

22.9.22

EQUINOCCIO OUTONO

O inicio e o fin das estacións vén marcado polos solsticios e os equinoccios. Hai dous solticios (un de inverno e outro de verán) e dous equinoccios (un de primavera e outro de outono).

En que se diferencian?

Nos equinoccios, o día e a noite duran o mesmo. Nos solsticios, teñen diferente duración: o solsticio de inverno prodúcese na noite máis longa do ano e o solsticio de verán prodúcese na noite máis curta do ano.

Cando se producen?

Solsticio de invierno -sobre o 21 de decembro-, o equinoccio de primavera -sobre o 21 de marzo-, o solsticio de verán -sobre o 21 de xuño – e o equinoccio de outono -que se dará precisamente hoxe, 23 de setembro -.

 Equinoccio de otoño: qué es y cuándo sucede - Calendarr

13.9.22

ARACARÍ DE ORELLAS CASTAÑAS

Viven no Brasil . Pertencen á familia dos tucáns. Teñen picos longos e coloridos, e aparéanse de por vida, sempre poñendo ovos no mesmo niño ano tras ano. Estes paxaros son aniñadores moi sociais: poden estar seis aracaríes adultos e  todas as súas crías vivindo nun só niño.

Son fruxívoros, é dicir, comedores de froitas.