2.11.22

AZAFRÁN

Os estigmas, unha vez pulverizados, empréganse para dar cor e sabor aos alimentos, pero tamén a prendas e ornamentos. Esta preciada especia posúe múltiples cualidades que, ademais de ser un ingrediente culinario de luxo, pode aportarnos diversos beneficios medicinais.

Precísanse catro mil flores para obter un peso de apenas 30 g de azafrán en po. Empréganse  só os estigmas (“hebras”) das flores . Para obtelos, hai que separalos cuidadosamente do resto da flor, evitando dañalos,  colleitándoos un a un, un traballo artesanal moi laborioso. É unha das especias máis caras que se coñecen.

Só se conseguen 250 g de azafrán puro por cada kilo de estigmas. Hoxe en día, un kilo de azafrán cotízase aproximadamente a  tres mil euros.


 

No hay comentarios: