Desde
1972 ningún
ser humano pisaba a Lúa
(Eugene
Cernan
e
Harrison
Schmitt foron
os últimos,
durante a misión Apolo
17
da
NASA en decembro
de 1972).
A
misión Artemis II , que
despegou o mércores 1 abril desde Florida, non terá como resultado
final que o home pise a Lúa de novo.
Será
necesario esperar polo menos
á Artemis IV, planeada
para o
2028. Dicimos
"polo menos" porque a Artemis II estaba prevista para
novembro do 2024, pero tivo varios atrasos debido a diversos
problemas técnicos.
Nos
10 días de viaxe
a bordo da nave espacial Orión, os astronautas Reid
Wiseman, Christina Koch, Victor J. Glover e Jeremy Hansen darán unha
volta á Lúa e farán numerosas maniobras de preparación para esa
futura alunizaxe.
Para
esto tamén será a misión Artemis III, que
ten fixado o seu lanzamento
para o
ano
que ven
( 2027).
Varios
proxectos espaciais foron cancelados antes de que a NASA puxera
finalmente en marcha o programa Artemis. Foi creado en
2017 e involucrou a milleiros de persoas, tendo un costo estimado de
US$93.000 millóns ata agora.
O
programa Artemis, enviará astronautas a misións cada
vez máis difíciles para explorar unha
maior parte da Lúa con fins
de descubrimento científico, beneficios económicos e
para sentar as bases das primeras misións tripuladas a
Marte. Para todo esto planéase construir
unha
estación espacial lunar que orbitará sobre
a Lúa , así como unha
base sobre a propia superficie do
satélite.