15.11.22

MARIE CURIE e a súa filla IRENE

 Maria Salomea Sklodowska, máis coñecida co nome de Marie Curie, naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia, Polonia.

Esta investigadora destacou sobre todo no estudo da radioactividade. Xunto co seu marido Pierre, fixo importantes descubrimentos, como o dos elementos con propiedades radioactivas como o radio (Ra) e o polonio (Po).

Os traballos foron recoñecidos otorgándolle dous premios Nobel tanto no ámbito da Física (compartido co seu marido e o científico Becquerel) como no da Química (en solitario). Tamén, durante a Primeira Guerra Mundial ,colaborou cos sanitarios nos campos de batalla,, para unha mellor recuperación dos soldados, utilizando unidades móbiles de raios X.

Tivo dúas fillas, e a maior, Irene, tamén obtivo, xunto ao seu marido , o Nobel en Química,grazas a estudos sobre a radioactividade natural e artificial. 



No hay comentarios: