11.10.11

Alerta volcánica nas illas canarias


Os habitantes da pequena localidade de “La Restinga”, na illa canaria de El Hierro , foron desplazados como precaución ante unha posible nova erupción volcánica submarina máis cercana á costa, despois da primeira que se produxo o luns ,a 5 km do litoral.

“ La Restinga”, é unha pequena poboación pesqueira de 547 habitantes, e é a localidade máis cercana ó foco volcánico que apareceu o luns a cinco kilómetros da costa.

A vulcanóloga do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)”, Alicia García, afirmou o luns que a erupción non fora visible debido á profundidade a que se produciu, a máis de 500 metros. García advirtiu que hai que manterse vixiantes por si se abren novas bocas máis próximas á costa, polas que poida saír o magma.

Esta é a primeira erupción volcánica que ten lugar en España dende 1971, cando se produciu a erupción do volcán Teneguía, na tamén illa canaria de “ La Palma”.

8.10.11

As Dracónidas


Este fin de semana, na noite do sábado 8 de octubre ó domingo 9, a Terra atravesará a estela de partículas de po que o cometa 21P/Giacobini-Zinner deixou ó seu paso ó aproximarse ó Sol no ano 1900, así como outras estelas deixadas polo mesmo cometa durante o s. XIX.
Estas partículas son as que forman as colas dos cometas e despréndense da superficie destes astros cando se achegan ó Sol.
As partículas, casi todas máis pequenas que un gran de area, colisionarán contra a nosa atmósfera a unha velocidade enorme (máis de 72.000 kilómetros por hora), o cal provocará que se desintegren completamente a casi 100 kilómetros de altura nunha fracción de segundo, emitindo un breve pero brillante destello.
Desta forma veremos este fenómeno en forma dunha chuvia de meteoros ou estrelas fugaces denominada polos astrónomos 'Dracónidas'. Acadaranse os 1000 meteoros por hora.
A mellor hora para observalas será ás 10 da noite e non se precisan instrumentos especiais.Disfrutádea si podedes!!!

7.10.11

XABÓN


http://www.comohacer.org/casa-jardin/hogar/como-hacer-jabon-a27.asp

Tigre de Bengala



http://www.angelfire.com/freak3/mary_lu/TIGRE.htm

Espexismo


É unha ilusión óptica, na que os obxectos lonxanos aparecen reflexados nunha superficie "mollada" que en realidade non existe. Observámolos frecuentemente en carreteras quentes ou en zonas desérticas. A distancia, sobre o asfalto quente vemos como se reflexa o entorno parecendo que existira unha película de agua sobre a carretera ou ben, sobre a area dun deserto.
Os espexismos producen imaxes virtuais invertidas. Cando nos vemos nun espello, nós somos un obxecto real e a nosa imaxe no espello é virtual: esta imaxen virtual non pode ser tocada. Estas imaxes virtuais de obxectos distantes, vense debaixo do obxecto porque os raios de luz cúrvanse por efecto da temperatura.

5.10.11

Ornitorrinco


O Ornithorhynchus anatinus é considerado un mamífero porque da de mamar ás súas crías e ten pelo. Pero ten tamén características das aves e réptiles, así como algunhas moi curiosas e únicas: o seu pico ten un sensor eléctrico que lle permite bucear e atopar ás súas presas con ollos, oídos e nariz pechados. Ademáis, os machos poden lanzar veneno en caso de necesidade, como moitos réptiles.
Este animal diferenciouse fai uns 166 millóns de anos do seu predecesor primitivo, sendo polo tanto o mamífero máis lonxano dos seres humanos.