30.10.22

HEMATOFAXIA


 Os hematófagos son animais que se alimentan principalmente de sangue. Seguro que che viñeron á cabeza animais chuchadores, como os mosquitos ou os morcegos ¿verdade? Pois non é totalmente correcto: non todos os mosquitos e os morcegos son hematófagos, pero ademais, é que existen moitísimas máis especies de animais que se alimentan de sangue, é dicir, que practican a" hematofagia («hemato» do grego, sangue, e «fagia» de comer).

Exemplos:

Insectos hematófagos son os mosquitos, os tábanos, as chinches, os piollos ou as pulgas, entre outros. No caso dos mosquitos e os tábanos só se alimentan de sangue as femias adultas.

Arácnidos como algunhas arañas, as carrachas…

Anélidos, como as sambesugas e as tenias.

Animais mariños como as lampreas, o candirú…

Mamíferos .A maioría dos morcegoss non se alimentan de sangue, aliméntanse principalmente de insectos, pequenos mamíferos, néctar, froitas…Só algunhas especies de morcegos se alimentan de sangue. Son os coñecidos como «murciélagos vampiro» como o vampiro común, o vampiro de ás brancas ou o vampiro de patas peludas (todos viven en América do Sur).

Aínda que poida sorprender, tamén existen aves hematófagas, paxaros que se alimentan do sangue doutros animais, algo pouco frecuente. Algúns exemplos de hematofaxia son o pinzón vampiro, o sinsonte de Española (viven nas Illas Galápagos), o zorzal de Tristán de Acuña e o” picabueyes”.

 




 

No hay comentarios: