11.11.23

WASABI

Unha recente investigación indica que o wasabi pode mellorar a memoria e potenciar o rendemento cognitivo en persoas maiores de 60 anos, gracias a un composto bioactivo con efectos antioxidantes e antiinflamatorios que ralentizan o dano celular.

Ese composto mellora tamén a memoria a curto e longo prazo e reforza a memoria asociativa.

Ese composto bioactivo tamén está presente nas verduras crucíferas como o brócoli, a rúcula, as coles de Bruselas ou o repolo. Eso sí, está máis concentrado no rizoma subterráneo da planta de wasabi.


 

1 comentario:

x dijo...

Raquel viva el wasabi