14.11.23

PURPURINA CASEIRA

 Para elaborar purpurina caseira necesitarás:

§    Sal común de gran máis  ou menos fino, dependendo da textura que queiras conseguir na purpurina. Tamén tes a posibilidade de cambiar a sal por azucre.

§ C   Colorante alimentario de diferentes tonalidades.

§          Bolsa zip.

Proceso: dentro da bolsa zip mestura sal con colorante. Engade tanta sal como purpurina queiras obter e tanto colorante segundo a intensidade da cor que queiras na purpurina. Pechamos a bolsa zip e comezamos a axitar. Sacamos a sal xa tinguida e extendémola nunha superficie plana, para que seque ben. Despois xa a podes utilizar ou ben gardar en frascos pequenos que a preserven da humidade.




 

 

 

 

 

No hay comentarios: