30.11.22
29.11.22
25.11.22
17.11.22
ISABEL ZENDAL
Naceu en 1771 en Santa Mariña de Parada (Ordes, A Coruña). Foi enfermeira e nai solteira. Decidiu abandoar a súa terra natal para poñer rumbo ao Novo Mundo como parte da “Expedición Filantrópica de la Vacuna” .
En 1800, entrou a traballar como Rectora dunha inclusa (horfanato) destinada ao coidado de nenos abandoados.
En 1803, Carlos IV, que perdera unha filla por culpa da viruela, ordeou que un “convoy” partira desde a Península para extender a vacina contra esta enfermidade por todos os territorios de ultramar. O resultado foi a “Real Expedición Filantrópica de la Vacuna”, que pude considerarse como a primeira misión humanitaria da historia.
Só había un problema… cómo trasladar a vacina? A resposta deuna o médico español Francisco Javier Balmis , ao frente desta aventura, e consistiu en trasportar o suero dentro de 22 nenos vivos. Para ser máis concretos, huérfanos de A Coruña. Isabel foi a enfermeira encargada de coidalos ( un deles foi o seu propio fillo) e velar pola súa saúde. Está considerada coma a primeira enfermeira en misión internacional. Gracias a ela 250.000 persoas recibiron a vacina contra a viruela, contribuido á súa erradicación.
16.11.22
EVA CRANE
Naceu en 1912 no condado de Surrey (Inglaterra).
Estudou no prestixioso King’s College de Londres e convertiuse na segunda muller en obter o Grao de Matemáticas en tan só dous anos. Tamén obtivo o Máster en Mecánica Cuántica e posteriormente o Doctorado en Física Nuclear.
Pero a súa vida cambiou grazas a un regalo de voda. Aquel regalo fixo que unha física nuclear cambiara o seu campo de interés e se convertira nunha eminencia mundial en apicultura. O regalo foi unha colmena.
Convertiuse na maior experta mundial nas abellas e nunha gran divulgadora ,que enseñou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultores e granxeiros ao longo de todo o planeta. Ademais do comportamento das abellas e a síntese do mel, realizou importantes estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura. Descubriu que o mel se utilizaba para axudar a preservar cadáveres na antigua Babilonia, que o Viet Cong utilizou abellas como armas de guerra e que apicultores dunha remota rexión de Paquistán utilizan as mesmas colmenas que se utilizaban na época de Alejandro Magno. Recolectou, fotografiou e catalogou máis de dous mil obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o mundo.
Lembra que as abellas son un pilar fundamental para a vida na Terra.
15.11.22
JOCELYN BELL
Susan Jocelyn Bell Burnell é unha astrofísica británica que descubriu a primeira radioseñal dun púlsar. Naceu en 1943, en Belfast, Irlanda do Norte e o seu descubrimento foi parte da súa tese. Sin embargo, o recoñecemento sobre este descubrimento foi para Antony Hewish, o seu titor, a quen se lle otorgou o premio Nobel de Física en 1974.
PÚLSAR:é unha estrela de neutróns, que emite radiación electromágnética pulsante periódica. O sinal do primeiro púlsar que detectou Jocelyn, tiña un intervalo exacto de 1,33730113 segundos. Este tipo de señais únicamente se poden detectar empregando un radiotelescopio.
Como curiosidade, dicir que como estos sinais eran tan regulares, pensouse que eran producidas por civilizacións extraterrestres e bautizáronse co nome de sinais LGM (Little Green Men).
ROSALIND FRANKLIN
Naceu en Londres en 1912 e estudiou Química en Cambridge. Foi unha experta en cristalografía de R.X, técnica que se esmprega para determinar estructuras de moléculas.
Xenerou unha fotografía, coñecida como "Foto 51", que foi clave para demostrar por primeira vez cómo debía ser a estructura da molécula de ADN, que ata entón era un misterio.
Morreu de cáncer de ovario en 1958 con 37 años, e nunca foi recoñecida co premio Nobel de Medicina, que Watson e Crick sí recibiron polo descubrimento da estructura de doble hélice do ADN, catro anos despois da súa norte, empregando os datos e os estudos de Rosalind, sin os cales a estructura do ADN non sería coñecida.
ADA LOVELACE
Nace en Londres en 1815. O seu pai foi Lord Byron (poeta) e a súa nai unha aristócrata inglesa apasionada das matemáticas e a astronomía.
Está considerada a pioneira da informática, a partir do sestudos realizados sobre unha calculadora mecánica que deseñara o matemático Charles Babbage.
MARIE CURIE e a súa filla IRENE
Maria Salomea Sklodowska, máis coñecida co nome de Marie Curie, naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia, Polonia.
Esta investigadora destacou sobre todo no estudo da radioactividade. Xunto co seu marido Pierre, fixo importantes descubrimentos, como o dos elementos con propiedades radioactivas como o radio (Ra) e o polonio (Po).
Os traballos foron recoñecidos otorgándolle dous premios Nobel tanto no ámbito da Física (compartido co seu marido e o científico Becquerel) como no da Química (en solitario). Tamén, durante a Primeira Guerra Mundial ,colaborou cos sanitarios nos campos de batalla,, para unha mellor recuperación dos soldados, utilizando unidades móbiles de raios X.
Tivo dúas fillas, e a maior, Irene, tamén obtivo, xunto ao seu marido , o Nobel en Química,grazas a estudos sobre a radioactividade natural e artificial.
MARGARITA SALAS
O 7 de novembro de 2019 (o mesmo día do necemento de Marie Curie) Margarita Salas fallecía aos 80 anos.
Naceu en Canero, Asturias. Aos 16 anos ingresa na facultade de Químicas en Madrid. Alí coñece ao premio Nobel de Mediciña Severo Ochoa, célebre científico que foi unha gran inspiración para a súa carreira, e a que a orientou hacia a bioquímica.
Viaxou a Nueva York e realiza na súa universidade a tesis postdoctoral Dirección de lectura del mensaje genético y mecanismos de iniciación de la biosíntesis de proteínas baixo a tutela de Severo Ochoa. O seu traballo predoctoral titulouse: Metabolismo de hidratos de carbono.
Margarita Salas patentou o método do ADN polimerasa phi29, que permite amplificar millóns de veces o ADN para poder ser analizado. Esta patente sigue sendo a máis rentable que presentou o CSIC (“Consejo Superior de Investigaciones Científicas”). Dado que a patente expirou en 2009, o equipo de Salas sigue traballando en melloras que xa foron patentadas e son explotadas por varias empresas, en materias como a forense, a oncoloxía e a arqueoloxía.
O fallecemento de Margarita Salas conmocionou á comunidade científica nacional e internacional, e será recordada como unha das mentes máis brillantes da historia da ciencia en España, e como unha das figuras femininas máis inspiradoras.
14.11.22
ÁNGELES ALVARIÑO
Naceu nun pequeno pobo costeiro de Galicia. María de los Ángeles Alvariño foi unha namorada do mar, ao que adicou toda a súa vida, realizando investigacións e divulgacións do mundo dos océanos. Alvariño é a única científica española mencionada na prestixiosa "Encyclopedia of World Scientists", unha publicación onde aparecen os mil científicos mundiais máis importantes de todos os tempos.
13.11.22
10.11.22
CURIOSIDADES CASTAÑILES
A castaña é un froito seco?
A castaña é un froito seco diferente, porque a pesar de pertencer a ese grupo de alimentos, sus características nutricionais non teñen moito que ver co resto. Ten menos calorías e tamén menos graxas totais na súa composición.
Su altísimo porcentaxe en auga, que chega casi á metade do seu peso, é outra das diferencias que ten cos froitos secos. A outra é o seu alto contido en hidratos de carbono e o seu baixo índice de proteínas, outras características que fan que se asemexe máis a un cereal.
Castañas pilongas
O castaño de Indias1 (Aesculus hippocastanum), denomínase comúnmente falso castaño debido a que os seus frotios presentan un gran parecido exteno cos das castaños (Castanea sativa) . Os froitos dos castaños de indias son tóxicos para o ser humano e denomínanse castañas pilongas.
Hai que ter en conta que as castañas do castaño (Castanea sativa) cando están desecadas tamén se denominan castañas pilongas.
Conclusión, levan o mesmo nome, pero unas son tóxicas e as outras están ben boas!!!
DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO
Hoxe, 10 de novembro, conmemórase o día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento. Ten como obxectivo facer fincapé na utilización responsable da ciencia , en beneficio das sociedades, para que sexan máis sosteibles.
8.11.22
2.11.22
AZAFRÁN
Os estigmas, unha vez pulverizados, empréganse para dar cor e sabor aos alimentos, pero tamén a prendas e ornamentos. Esta preciada especia posúe múltiples cualidades que, ademais de ser un ingrediente culinario de luxo, pode aportarnos diversos beneficios medicinais.
Precísanse catro mil flores para obter un peso de apenas 30 g de azafrán en po. Empréganse só os estigmas (“hebras”) das flores . Para obtelos, hai que separalos cuidadosamente do resto da flor, evitando dañalos, colleitándoos un a un, un traballo artesanal moi laborioso. É unha das especias máis caras que se coñecen.
Só se conseguen 250 g de azafrán puro por cada kilo de estigmas. Hoxe en día, un kilo de azafrán cotízase aproximadamente a tres mil euros.