O 14 de marzo xa se celebra dende fai tempo, o Día de Pi , porque esa data está escrita como 3/14 , que é a constante matemática Pi . A UNESCO decidiu proclamar tamén o 14 de marzo como o día das matemáticas e unilo así ó día adicado ó número Pi.
Algumhas curiosidades matemáticas:
1. Incluso antes de que se inventaran os números, o ser humano xa contaba cos dedos. É por eso que usamos a palabra «dixitos» para definir tamén aos números. Unha palabra que provén do latín “digitus” que significa dedo.
2. Pitágoras, o gran matemático grego que viviu no século VI a. C., cría que os números impares eran masculinos e os pares femininos. O 3, fruto do «matrimonio» de pares (2) e impares (1), foi considerado o número perfecto.
3. Temos 10 dedos, e é por eso que o noso sistema numérico é decimal.
4. Filla do poeta romántico Lord Byron, Ada Lovelace foi un xenio das matemáticas: a mediados do século XIX, creou o primeiro algoritmo deseñado para ser procesado por unha máquina ( o motor analítico de Babbage). Por eso é considerada a primeira programadora da historia.
1 comentario:
Número pi 14159265358979323846264338327950288419716939937510582097494459230781640628620...
Publicar un comentario