2.3.21

SAMBESUGAS

As “sanguijuelas” son vermes de tipo anélido. Viven en lugares de moita humidade ou directamente en medios acuáticos como lagos e lagoas. Segregan substancias analxésicas e antibióticas que transmiten a través da súa saliva. Por ese motivo, dende a época romana xa se empregaban para curar todo tipo de enfermidades. Son carnívoras e algunkas especies son coñecidas por succionar o sangue das súas víctimas, é dicir, son hematófagas. Gran número de especies son hermafroditas. Teñen fecundación interna.


 

No hay comentarios: