Hai veces que falamos de quilates como unidade de pureza do ouro (ouro 18k.) e outras veces falamos de quilates como unidade de masa de xemas (diamante de 1ct). Para diferenciar os dous términos empregamos as abreviaturas “ct” e “k”ou “kt”.
En xemoloxía, o Quilate (ct) é unha unidade de masa que se emprega fundamentalmente para medir a masa de pedras preciosas e perlas. Un quilate (ct) é igual a 1/5 de gramo, é dicir 0,20 gramos. O término provén da palabra grega Keration que significa algarroba. As sementes do algarrobo empregáronse na antigüidade para pesar xemas porque eran moi uniformes.
En orfebrería o Quilate (k o kt), é unha unidade de pureza do ouro. Un quilate (k) é unha veinticuatroava (1/24) parte da masa total da aleación que compón o metal. Cuando falamos de ouro puro dice que é ouro de 24k e cando se fala de ouro de 18K quere dicir que 18/24 partes (¾ partes) son de ouro puro, ou que o 75% da masa total é ouro e o 25% restante son outros metais.
1 comentario:
Grazas por explicar o comentario que fixen na entrada de DIAMENTE o 22 de marzo de 2021, 5:48
Publicar un comentario