10.4.08

Chernóbil 2º ESO


A noite do 25 ó 26 de abril de 1986, á 1 e 23 da madrugada do sábado, no reactor número 4 de Chernóbil, tivo lugar o maior accidente da historia nuclear. Os efectos da radiactividade superaron todas as previsións, e a verdadeira magnitude dos danos vaise coñecendo anos despois. Xa morreron máis de 25.000 persoas, e polo menos 7 millóns foron contaminadas pola radiactividade. Según a OMS morrerán 500.000 persoas a causa do accidente de Chernóbil. A catástrofe afectou gravemente a Bielorrusia, Ucrania E Rusia, causando pérdidas incalculables, e danos terribles ás personas, á flora e á fauna. Máis de 160.000 km2 están contaminados : foi unha das maiores catástrofes ambientais.

Foron necesarios nove días de esforzo para poder controlar o incendio posterior á explosión do reactor. Para controlar o lume e conter a radiactividade, os helicópteros lanzaron sobre o núcleo do reactor máis de 5.000 toneladas de plomo, boro e outros materiais. Posteriormente construiuse un xigantesco sarcófago, feito con 410.000 metros cúbicos de formigón e 7.000 toneladas de aceiro; o sarcófago rematouse en novembro de 1986 e hoxe debería ser sustituido por outra estructura. O reactor danado permanecerá radiactivo como mínimo os próximos 100.000 anos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola!
moi interesante o tema de Chernobil.
Fai moito tempo que non falams jajaja...! osea desd que m fui de Celanova.
Te echo bastant de mens, ya que profesoras como tu pocas eres das mellores que me han dado clase.
son Nicolás. Saudos.
P.D: perdoa as falta de ortografía jajaja...!

Raquel dijo...

Nicolás, o rapazolo que se nos foi para climas máis agradables como as Illas Afortunadas? Alégrome de ter noticias túas. Segues alí? Que tal eses estudos? Supoño que ben, que eras bo estudante...aínda que sempre se pode mellorar.Espero que me visites máis veces agora que xa temos un medio de contacto. Biquiños dende este clima glacial.
A túa exprofe, que sí extraña a educación que tiñas ;)

Anónimo dijo...

si aun sigo nas illas afortunadas disfrutando do clima, aunque aveces faime falta o clima glacial de Galiza...!
Os estudos van ben por agora apesar de algun que outro antibajo jajaja...! pero nada grabe.
Saudos e bicos desde as illas afortunadas.