30.11.23

Meganeuropsis permiana

"Meganeuropsis permian"

Este insecto é o máis grande do que se ten rexistro. Viviu no Paleozoico e podía medir ata 71 centímetros, que é o dobre do insecto máis grande que vive na actualidade, o "Dryococelus australis".

Os insectos do noso tempo non acadan as dimensións dos seus ancestros prehistóricos . Os insectosis grandes que viviron na Terra están emparentados coas libélulas (ODONATOS) de noso tempo. Formaron un xénero que se extinguiu hai 300 millóns de anos, chamado Meganeura.

Este grupo de insectos eran depredadores doutros insectos, pero non só eso: o seu tamaño tamén lles permitía alimentarse de anfibios.



 

23.11.23

Día de Fibonacci.

O Día Mundial de Fibonacci celébrase o 23 de novembro. Escolleuse este día, porque si poñemos a data ao estilo "anglosajón"os díxitos coinciden cos catro primeiros números da famosa SERIE FIBONACCI. É unha sucesión matemática infinita de números naturais, que comeza con dous 1 e as seguintes cifras son o resultado da suma das dúas inmediatamente anteriores : 1,1,2,3,5,8…

Esta secuencia ten unha gran aplicación en diversos ámbitos da ciencia como nas matemáticas ou na bioloxía. Ten unha gran presencia  na natureza,, en todos aqueles elementos que forman espirais ou hélices.


 

O CEO É AZUL...

 


21.11.23

FUGU

A carne deste peixe é exquisita aínda que exista un alto perigo e risco para a saúde. A súa carne considérase velenosa si non se sabe cortar como é debido.

Hai moitos países nos que cociñar o fugu está prohibido por lei pola perigosidade que ten.

O veleno dos peixes globo chámase tetrodotoxina e considérase máis velenoso ca o cianuro (1200 veces máis potente). Podería chegar a matar entre 30 e 50 persoas.




 

20.11.23

"CALDERA DE YELLOWSTONE"

Si hai un volcán que pode considerarse o volcán máis perigoso do mundo, ese é o Volcán de Yellowstone. Trátase realmente dun supervolcán.Os volcáns forman montañas, pero os supervolcáns aniquílinas. Os volcáns arrasan a flora e a fauna en varios kilómetros á redonda, pero os supervolcáns poden causar a extinción de toda unha especie ao inducir cambios climáticos a escala planetaria.

A última gran erupción do volcán tivo lugar hai uns 640.000 anos. Hoxe en día Yellowstone acolle un dos sistemas hidrotermais máis grandes do mundo, incluída a maior concentración de géiseres da Terra. Non se sabe cando volverá a entrar en erupción, pero cando o faga, probablemente cambie para sempre a vida no noso planeta.



 

17.11.23

EDAMAME

 Son vainas de fabas inmaduras, é dicir, verdes. Estas vainas conteñen entre dúas e tres sementes de "soja", que tamén está verde.

Sírvense como snack saudable,coa vaina incluída. Rocíanse, despois de fervelas uns minutos, cun pouco de sal mariña ou chile, logo mórdese a vaina e chúpanse as fabas de "soja", deixando a vaina, que non se come.

 




15.11.23

Aye-aye

 Vive en Madagascar e está emparentado cos lémures.





TOFU

É unha pasta sólida 100% vexetal e elaborada a partir de leite de "soja". É un alimento altamente nutritivo, moi rico en proteínas.



14.11.23

PURPURINA CASEIRA

 Para elaborar purpurina caseira necesitarás:

§    Sal común de gran máis  ou menos fino, dependendo da textura que queiras conseguir na purpurina. Tamén tes a posibilidade de cambiar a sal por azucre.

§ C   Colorante alimentario de diferentes tonalidades.

§          Bolsa zip.

Proceso: dentro da bolsa zip mestura sal con colorante. Engade tanta sal como purpurina queiras obter e tanto colorante segundo a intensidade da cor que queiras na purpurina. Pechamos a bolsa zip e comezamos a axitar. Sacamos a sal xa tinguida e extendémola nunha superficie plana, para que seque ben. Despois xa a podes utilizar ou ben gardar en frascos pequenos que a preserven da humidade.




 

 

 

 

 

RIZOMAS

Os rizomas son talos subterráneos, engrosados, porque conteñen substancias de reserva.

Grazas a eles as prantas pódense reproducir asexualmente (reprodución vexetativa), igual que os bulbos e os tubérculos, que tamén son talos subterráneos.

As plantas que se reproducen por rizomas son perennes.

Algúns exemplos:

  • "Jengibre”.

  • Menta.

  • Bambú.

     




Yersinia e Mycobacterium

 A Yersinia pestis e o Mycobacterium tuberculosis son BACILOS que causan as enfermidades da peste bubónica e a tuberculose.

Ó bacilo Mycobacterium tuberculosis tamén se lle chama Bacilo de Koch, polo seu descubridor, Robert Koch, que recibiu o premio Nobel de medicina por descubrilo.





11.11.23

WASABI

Unha recente investigación indica que o wasabi pode mellorar a memoria e potenciar o rendemento cognitivo en persoas maiores de 60 anos, gracias a un composto bioactivo con efectos antioxidantes e antiinflamatorios que ralentizan o dano celular.

Ese composto mellora tamén a memoria a curto e longo prazo e reforza a memoria asociativa.

Ese composto bioactivo tamén está presente nas verduras crucíferas como o brócoli, a rúcula, as coles de Bruselas ou o repolo. Eso sí, está máis concentrado no rizoma subterráneo da planta de wasabi.


 

7.11.23

"AGUA REGIA"

É unha disolución altamente corrosiva  formada pola mestura de ácido nítrico concentrado e ácido clorhídrico concentrado, nunha proporción de unha a tres partes en volumen. Esta mestura ten a característica de ser capaz de reaccionar co Au, sendo este moi pouco reactivo. Por ese motivo recibe o nome de regia, porque fai reaccionar ao "rei" dos metais.



MODELOS "CLASES SEN FUME"

 









6.11.23

SPHYNX ou GATO ESFINXE

Os  gatos sin pelo xa eran coñecidos por civilizacións antigas, como a dos aztecas . O sphynx é o primeiro gato sin pelo que foi criado específicamente por ese rasgo. O programa de reprodución comezou en 1966 en Ontario, Canadá, cando unha gata doméstica tivo un gatiño macho sin pelo. Sin embargo, a maioría dos sphynx actuais descenden de tres gatiños sin pelo atopados en Toronto en 1978.