18.10.23

Masticar chicle

Masticar chicle relaciónase cunha redución do estrés e da ansiedade, aliviando as tensións diarias de xeito efectivo e asequible. Ademais, algúns estudos suxiren que pode mellorar a concentración e a memoria a curto prazo.

Outro beneficio é o seu impacto na saúde dental. O masticar chicle sin azúcar, preferiblemente con xylitol, estimula a produción de saliva, que á súa vez neutraliza os ácidos da placa e limpia a boca. Esto non só mellora a saúde bucal, tamén combate o mal alento e reduce a cantidade de bacterias na cavidade oral.

Masticar chicle pode ter un efecto positivo na xestión do apetito, axudando a controlar a fame e previr o consumo excesivo de calorías entre comidas.

Sin embargo, non todo é positivo. Masticar chicle con azúcar pode  ser prexudicial para a saúde dental, porque o azúcar alimenta o crecemento de bacterias na boca, aumentando o risco de caries. Ademais, o masticado constante de chicle pode levar a dores de cabeza e molestias na mandíbula, así como lesións na articulación temporomandibular.

Por último, quenes padecen problemas gastrointestinais deben ser cautelosos, xa que masticar chicle pode levar á inxestión de aire, causando dor de estómago, gases e, nalgúns casos, síndrome do colón irritable.

Como con calquera hábito, é esencial considerar tanto os aspectos positivos como os negativos e utilizar esta práctica con responsabilidade.

 


1 comentario:

Anónimo dijo...

Como odio el Neoclasicismo