Cada ano, desde 2009, o segundo martes de outubro celébrase o día internacional de Ada Lovelace, unha data coa que se pretende conmemorar os logros conseguidos polas mulleres en campos como a tecnoloxía, a ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas. Con esta celebración tamén se quere destacar a figura desta muller, considerada pioneira da informática e filla do famoso poeta Lord Byron.
Lavelace creou o que hoxe se coñece como o primeiro algoritmo pensado para ser procesado por unha máquina. É por ese motivo polo que se considera a primeira programadora de computadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario