24.10.23

24 outubro DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O 24 de outubro conmemórase o Día Internacional contra o Cambio Climático co obxectivo de concienciar sobre esta problemática global.

O planeta estase quentando a un ritmo acelerado. O motivo é a emisión á atmosfera de gases de efecto invernadoiro (GEI) pola actividade humana. Algunhas consecuencias serían:

Aumento das temperaturas medias mundiais. Por exemplo, o verán de 2023 foi o máis cálido a nivel mundial desde que hai rexistros. Ademais, os veráns alongáronse case  cinco semanas respecto aos anos 80, apropiándose de parte do outono.

Diminución das chuvias. Por exemplo, a península ibérica encadea xa tres anos con precipitacións por debaixo do normal e alarmantes secas.

Aumento da temperatura superficial de mares (+3,3 ºC). Por exemplo, este verán a temperatura do mar Mediterráneo superou os  31,2ºC. Tamén se rexistraron máximos na costa galega e cantábrica.

A Antártida continúa perdendo xeo. Un novo estudo científico indica que o 43 % das plataformas de xeo mariño reduciron o seu volume nas últimas dúas décadas.

Aparición de fenómenos meteorolóxicos máis extremos.

Aumento das migracións climáticas. Persoas que se ven afectadas por catástrofes como secas, inundacións, tormentas, furacáns…

Aparición de enfermidades tropicais noutros países. Por exemplo, os mosquitos de zonas tropicais que se desprazan a Europa, aparecendo casos de dengue e malaria.

Saberías indicar algún GEI?

 


1 comentario:

misae71 dijo...

GEI: os gases de efecto invernadoiro (GEI) son gases emitidos de xeito natural e antropoxénico (emitidos pola actividade humana). A presencia destes gases contaminantes contribúen ao quecemento global e acelera o cambio climático. Algúns teñen orixe natural e outros son resultado da actividade humana. Son, por exemplo, o vapor de auga, dióxido de carbono, metano, óxidos de nitróxeno, CFC´s e ozono.
CFC´s: CLOROFLUOROCARBONADOS.