4.1.23

OURO,INCIENSO e MIRRA

Melchor, Gaspar e Baltasar regalaron a Xesús ofrendas de ouro, incienso e mirra. O rei Melchor levou ouro coa intención de recoñecer ao neno como Rei de Reis. Pola súa parte, Gaspar ofrendou o incienso, identificando a Xesús como Deus, tendo en conta que o incienso era un aroma que se ofrecía á divinidade.

Baltasar ofreceu ao recén nacido a mirra, que é unha resina que provén de arbustos que medran ao noreste de África, en Arabia eTurquía.

A mirra é unha resina aromática que contén varias propiedades medicinais, pero tamén se utilizaba tradicionalmente como ingrediente principal para elaborar perfumes e ungüentos para embalsamar aos mortos.

 Na actualidade. a mirra síguese empregando na elaboración de diversos productos, tanto médicos como cosméticos. Pódese atopar en forma de perfumes, locións, cremas, preparacións para o pelo, ademais de formar parte de enxaugues bucais ou de desodorantes ambientais.

Tamén posúe propiedades cicatrizantes, rexenerantes, antisépticas e antiinflamatorias polo que a mirra emprégase en cremas rexeneradoras, antiidade ou antibacterianas; tónicos; pomadas antiinflamatorias e ungüentos para pes e mans agrietados.


 

No hay comentarios: