16.1.23

"EUCALIPTO ARCOIRIS"

O eucalipto arcoíris ten cores vivas na súa codia, que van aparecendo segundo vai pelando. Faino por tiras, nun proceso de rexeneración continuo. As capas máis novas presentan un tono verde brillante debido á clorofila que hai debaixo, e a medida que van envellecendo adquiren unha cor azulada que logo vólvese púrpura e termina sendo anaranxado e finalmente ocre.
Este  particular xeito de mudar a codia permite a esta especie desprenderse paulatinamente do musgo, líquenes, fungos e outros parasitos que se van acumulando co tempo nela. 

O eucalipto arcoíris é orixinario de Filipinas, onde se utiliza tradicionalmente para fabricar papel, pero tamén pode atoparse en Indonesia e en illas do Pacífico.

 



 

No hay comentarios: