28.3.21

LEYES DE LOS GASES 2º ESO

 


VALORACIÓN ÁCIDO-BASE


 

A FOTOSÍNTESE

 



LEMBRA:

Conxunto de vasos leñosos : XILEMA

Conxunto de vasos liberianos: FLOEMA

XA ESTÁN,,,

 

Quen queira saber os resultados da proba do venres pode pedilos ó meu correo!!!

25.3.21

AS DEZ ÁRBORES MÁIS ANTIGAS DO MUNDO

 


Anterior aos dinosaurios

A lamprea é un peixe alongado, sin escamas e sin apenas esqueleto, só un cartílago lonxitudinal. Por non tener, non ten nin mandíbula.

O que si ten é unha boca horrible, chea de dentes afiados, adherente coma unha ventosa e dotada dunha língua moi áspera que emprega para perforar a pel doutros peixes para chuparlles o sangue.

Orixinouse fai uns 500 millóns de anos, é dicir, moito antes dos dinosaurios, e apenas evolucionou dende entón.

Outra peculiaridade é que nace en auga doce, chega á idade madura no mar e regresa á auga doce para desovar e morrer, como os salmóns.

A lamprea péscase en Galicia. Especialmente en Arbo, Pontevedra. Por ahí pasa o Miño, onde se capturan as lampreas mediante unhas construccións de pedra moi primitivas –os primeiros en construilas foron os romanos– denominadas pesqueiras




 

 

24.3.21

PANAPÉN

 Froita orixinaria da India, chamada “árbol de Jack, fruta de pan, ou Panapén”. É coñecida por ser a froita colgante máis grande do mundoPode pesar máis de 35 kilos e medir ata 90 cm de alto por 50 de diámetro.Ten un sabor ácido e doce ó mesmo tempo. O seu interior é de cor amarelento, igual que o mango.



 

MIRABEL

 O mirabel cultívase na desembocadura do río Miño (O Rosal - Pontevedra) e curiosamente só nesta zona. É un frutal da familia das rosáceas procedente da Selva Negra (Europa Central) e que foi introducido na zona do Rosal no ano 1935, polo fundador da 1ª fábrica de conservas vexetais de Galicia en 1937. É unha pequena ciruela amarilla de sabor suave e agradable que se comercializa fundamentalmente en conserva. Prepárase en almíbar e licor (augardente).


 

 

23.3.21

OUTRO ANIMALIÑO CURIOSO...

 


ALGARROBO

 



DIERENCIAR QUILATE E KILATE

 Hai veces que falamos de quilates como unidade de pureza do ouro (ouro 18k.) e outras veces falamos de quilates como unidade de masa de xemas (diamante de 1ct). Para diferenciar os dous términos empregamos as abreviaturas “ct” e “k”ou “kt”.

 En xemoloxía, o Quilate (ct) é unha unidade de masa que se emprega fundamentalmente para medir a masa de pedras preciosas e perlas. Un quilate (ct) é igual a 1/5 de gramo, é dicir 0,20 gramos. O término provén da palabra grega Keration que significa algarroba. As sementes do algarrobo empregáronse na antigüidade para pesar xemas porque eran moi uniformes.

En orfebrería o Quilate (k o kt), é unha unidade de pureza do ouro. Un quilate (k) é unha veinticuatroava (1/24) parte da masa total da aleación que compón o metal. Cuando falamos de ouro puro dice que é ouro de 24k e cando se fala de ouro de 18K quere dicir que 18/24 partes (¾ partes) son de ouro puro, ou que o 75% da masa total é ouro e o 25% restante son outros metais.

 

22.3.21

"JALEA REAL"

 A “jalea real” é un produto ácido, blanquecino e cremoso segregado polas abellas obreiras para alimentar á reina durante toda a súa vida e ás larvas durante os primeiros días de vida. Esta sustancia secrétase na cabeza das abellas obreiras, cando teñen entre 5 e 15 días de vida, e xunto con secrecións estomacais dan lugar ó alimento.

Ó principio todas as larvas consumen a “jalea rea”l. As abellas que serán reina consúmena en estado puro mentras que as obreiras  con algúns grans de polen. Cando transcurren tres días, as obreiras cambian a “jalea real” por outra sustancia que é un concentrado de mel, polen e auga. Mentras tanto, as abellas que poderían ser reinas consumirán durante toda a súa vida a” jalea real”

Está formada por auga (60%), proteínas, lípidos, vitaminas e minerais. 


 

17.3.21

DIAMANTE

O diamante é o mineral máis duro de cantos se coñecen. Está formado por átomos de carbono dispostos nunha estructura cristalina moi estable, denominada “ red de diamante”. O diamante é a segunda forma máis estable do carbono, despois do grafito (lápices).

O diamante máis perfecto é transparente, incoloro e son os máis caros, pero poucos son así.

As impurezas dos diamantes ou ben imperfeccións na súa estrutura, fan que varíe a súa cor, podendo ter tonalidades amarelas, vermellas, azuis, rosas…





 

16.3.21

MOITAS GRAZAS, ELENA!!!

 


ESMERALDA

 É un silicato de BERILIO. A cor da esmeralda ven determinada polo seu contido en cromo, ferro e vanadio. 



 

15.3.21

CRISTALIZACIÓN

 


CROMATOGRAFÍA

 



ZAFIRO

 O nome de zafiro fai referencia normalmente a unha variedade azul do Corindón. Non obstante, tamén poden aparecer outras tonalidades, sempre exceptuando a cor vermella, reservada ó corindón tipo rubí.

A cor azul é proporcionada básicamente por óxidos de Titanio (Ti).



 

14.3.21

RETO MATEMÁTICO

 INDICA UN NÚMERO DE OITO CIFRAS COS SEGUINTES:

4,4,3,3,2,2,1,1

OS CATROS DEBEN ESTAR SEPARADOS POR CATRO CIFRAS

OS TRESES POR TRES CIFRAS 

OS DOUSES POR DÚAS 

OS UNS POR UNHA



14 DE MARZO DÍA DAS MATEMÁTICAS!!!

 O 14 de marzo xa se celebra dende fai tempo, o Día de Pi , porque esa data está escrita como 3/14 , que é a constante matemática Pi . A UNESCO decidiu proclamar tamén o 14 de marzo como o día das matemáticas e unilo así ó día adicado ó número Pi.

Algumhas curiosidades matemáticas:

1.     Incluso antes de que se inventaran os números, o ser humano xa  contaba cos dedos. É por eso que usamos a palabra «dixitos» para definir tamén aos números. Unha palabra que provén do latín “digitus que significa dedo.

2.    Pitágoras, o gran matemático grego que viviu no século VI a. C., cría que os números impares eran masculinos e os pares femininos. O 3, fruto do «matrimonio» de pares (2) e impares (1), foi considerado o número perfecto.

3.    Temos 10 dedos, e é por eso que o noso sistema numérico é decimal.

4.    Filla do poeta romántico Lord Byron, Ada Lovelace foi un xenio das matemáticas: a mediados do século XIX,  creou o primeiro algoritmo deseñado para ser procesado por unha máquina ( o motor analítico de Babbage). Por eso é considerada a primeira programadora da historia.

 


RUBÍ

 É unha variedade doutro mineral, o corindón (Al2O3). Este mineral pode adquirir diferentes tonalidades. Si está coloreado por un óxido de cromo forma o rubí.  Os rubíes de alta calidade, color intenso e translúcidos son raros, polo que o seu su valor é elevado.

É considerado unha das catro xemas preciosas xunto ó zafiro, a esmeralda e o diamante.



 

8.3.21

NOME? CURIOSIDADES?

 



8 de marzo

 


"PICHICIEGO"

 

O armadillo “hada rosa” (Chlamyphorus truncatus), tamén coñecido como “pichiciego”, mide pouco máis de 10cm. Pasa case toda a súa vida excavando baixo terra e ten un caparazón rosado que cobre un suave pelo branco.

Aliméntase de invertebrados e plantas.

É moi tímido e rara vez se deixa ver na superficie.

En cautividade sobrevive coma máximo 8 días.

 

2.3.21

ÁCAROS

 Os ácaros son arácnidos que miden menos dun milímetro de lonxitude. Viven entre dous e tres meses. Reprodúcense moi rápidamente en condicións axeitades de temperatura e humidade.

Os máis abundantes son os dermatophagoides pteronissimus coñecidos como ácaros do po da casa. Poden estar na roupa de cama, cortinas, peluches, colchóns, alfombras, moquetas, etc. Como curiosidade, un gramo de po pode conter entre 2000 e 10.000 ácaros.

Aliméntanse de restos de descamación humana, cabelos e uñas.

Poden provocar alerxias e crisis de asma.


 

 

SAMBESUGAS

As “sanguijuelas” son vermes de tipo anélido. Viven en lugares de moita humidade ou directamente en medios acuáticos como lagos e lagoas. Segregan substancias analxésicas e antibióticas que transmiten a través da súa saliva. Por ese motivo, dende a época romana xa se empregaban para curar todo tipo de enfermidades. Son carnívoras e algunkas especies son coñecidas por succionar o sangue das súas víctimas, é dicir, son hematófagas. Gran número de especies son hermafroditas. Teñen fecundación interna.


 

1.3.21

ARAÑA GOLIAT

 Está considerada como a araña máis grande do mundo. Vive nas selvas tropicais de América do Sur. Pode chegar a medir 30 cm de longo, con colmillos de ata 2.5 cm. Ten pelos diminutos no seu corpo, que dispara cando se sinte ameazada. Para o ser humano serían perigosos si se respiran.

A súa picadura non é mortal para os humanos, aínda que pode producir fortes dores e náuseas.

Aliméntase de pequenos roederos, serpes, morcegos e ata paxaros. Curiosamente, serven de alimento para algunhas tribus indíxenas coma os yanomamis. Tribus que viven nas orillas do río Orinoco (Venezuela).