30.4.08

Sorry

Pido disculpas pola miña ausencia e pola perda das tan necesarias explicacións de física de 4ºESO, Matemáticas e Química 3ºESO, Tecnología de 2ºESO e Ciencias Naturais de 1ºESO... Compensareivos, con doble sesión...

29.4.08

Nome desta preciosidade...


Canons de beleza

Hoxe comentábamos en 1º de ESO como os canons de beleza van cambiando ó longo da historia, e o que realmente é importante e que te fai ser "guap@" de verdade , é a seguridade en ti mesmo e aceptarte tal e como eres. Un exemplo da beleza no século XVII é a que amosa Rubens nos seus cuadros "Las tres Gracias" ou " Venus del espejo"

Gracias, Serenity

Todos poderemos seguir disfrutando ( eu máis) das aventuras de Scrat, gracias á vosa compañeira que nos indica estas páxinas para visitar. Facédeo, vale a pena.

www.dalealplay.com/informaciondecontenido.php?con=48290

www.dalealplay.com/informaciondecontenido.php?con=35926

28.4.08

La Alhambra

Atópase en Granada e é unha das xoias máis representativas da arte islámica. Alhambra en árabe é "Al Hamra" (a Vermella, الحمراء), procedente do nome completo "Qal'at al-hamra" (Fortaleza vermella).Outros autores defenden que "Alhambra" é o nome en feminino do seu fundador, Abu Alahmar, que en árabe significa "el Rojo".
O Comité do patrimonio mundial da UNESCO declarou a Alhambra e o Generalife como Patrimonio Cultural da Humanidade en 1984 e cinco anos despois, o barrio de El Albaicín (Al Albayzín), antigua ciudade medieval musulmana, obtivo a mesma denominación . La Alhambra foi un dos 21 candidatos finalistas para ser elexida unha das Novas Sete Marabillas do Mundo, aínda que finalmente non foi posible.
Para ver imaxes desta xoia monumetal
www.granadahomestay.com/GRANADAPHOTO/Com/spanish/lions.htm

27.4.08

Os alquimistas e a Pedra Filosofal

Como xa falamos na clase, os alquimistas son os precursores dos químicos, pero non poden ser considerados verdadeiros científicos, posto que para eles era algo fundamental o sobrenatural, o metafísico e o máxico. Un dos seus fundamentos básicos era a búsqueda da Pedra Filosofal, capaz da transmutación de calquera metal en ouro e proporcionar a vida eterna.
Para saber máis www.portalplanetasedna.com.ar/alquimia.htm

Por unha vez non me porei seria...

"Chistes" matemáticos (pouca gracia teñen, pero enfín, que se lle vai facer)

Dous vectores atópanse e un dille ó outro . Tes un momento?
Que lle di un superconductor a outro? - Carafio, tío, que frío, non resisto máis.
En Nueva York un home é atropelado cada dez minutos. O coitado ten que estar feito polvo.

A tasa de natalidade é o doble ca tasa de mortalidade; polo tanto, unha de cada dúas persoas é inmortal.
Na inmensa maioría dos accidentes de circulación, os coches involucrados levan un conductor. Polo tanto, o xeito máis seguro de viaxar en coche é sin conductor.
O non ter fillos é hereditario; si os teus pais non tiveron ningún, o máis probable é que ti tampouco os teñas.
Cal é a patrona dos informáticos? - Santa Tecla

23.4.08

En honor ó "caballero de la triste figura"

En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor. Una olla de algo más vaca que carnero, salpicón las más noches, duelos y quebrantos los sábados, lentejas los viernes, algún palomino de añadidura los domingos, consumían las tres partes de su hacienda. El resto della concluían sayo de velarte, calzas de velludo para las fiestas con sus pantuflos de lo mismo, los días de entre semana se honraba con su vellori de lo más fino. Tenía en su casa una ama que pasaba de los cuarenta, y una sobrina que no llegaba a los veinte, y un mozo de campo y plaza, que así ensillaba el rocín como tomaba la podadera. Frisaba la edad de nuestro hidalgo con los cincuenta años, era de complexión recia, seco de carnes, enjuto de rostro; gran madrugador y amigo de la caza. Quieren decir que tenía el sobrenombre de Quijada o Quesada (que en esto hay alguna diferencia en los autores que deste caso escriben), aunque por conjeturas verosímiles se deja entender que se llama Quijana; pero esto importa poco a nuestro cuento; basta que en la narración dél no se salga un punto de la verdad.

Bueeeeeeeeeeeeeeeeno

Ó final o noso equipo de ensono non o fixo tan mal ( eu pensaba que dous ou tres caerían)...Esperemos á volta.

22.4.08

Máis enigmas

COMIDA CASEIRA






DESPRENDIDO

NEWTON 2º ESO


Isaac Newton naceu o día de Nadal do ano 1643, ano en que morría Galileo, en Woolsthorpe, uns 13 Km ó sur de Grantham, en Lincolnshire, Inglaterra.

Unhas palabras súas foron: "No sé cómo puedo ser visto por el mundo, pero en mi opinión, me he comportado como un niño que juega al borde del mar, y que se divierte buscando de vez en cuando una piedra más pulida y una concha más bonita de lo normal, mientras que el gran océano de la verdad se exponía ante mí completamente desconocido."

Foi moi respetado, e ningún home recibiu tantos honores e respecto, salvo quizá Einstein. Heredou dos seus predecesores, como él ben di "si he visto más lejos que los otros hombres es porque me he aupado a hombros de gigantes"- os ladrillos necesarios, que supo dispoñer para construir a arquitectura da dinámica e a mecánica celeste, ó tempo que aportaba ó cálculo diferencial o impulso que lle faltaba.

21.4.08

Farallóns


Curiosísimo

Resolveuse un dos problemas matemáticos da lista Smale, onde se recollen os grandes retos matemáticos que quedan sin resolver. Os encargados de facelo foron uns matemáticos cataláns coa axuda do gran supercomputador galego Finisterrae. Para que vos fagades unha idea o traballo realizouse en dúas semanas e si non contasen coa axuda de Finisterrae, precisaríanse 40 anos.
Para máis detalles www.elmundo.es/elmundo/2008/04/21/ciencia/1208791252.html

19.4.08

O museo do Prado

Neste precisos momento o alumnado de 4ºESO está no museo do Prado. Danme moitísima envexa.
Si queredes facer unha pequena visita virtual ás marabillas que encerra podedes acceder a
www.museodelprado.es/index.php?id=50
A modo de pasatempo, quen me sabería decir o nome desta obra e a historia do seu marco...A solución atoparédela "visitando" o Prado.

18.4.08

SnowZone

Acabo de ter noticias de como o pasaron os nosos queridos compañeiros de 4º ESO, que se atopan en Madrid de excursión. Acudiron hoxe ó Bernabeu ( sen comentarios) e a SnowZone. Para saber que é esto último podes acceder a www.madridsnowzone.com/index2.php?pid=25

TOFU

Elaborado a partir da soia (soja), de cor blanco e textura máis ou menos firme.

Importantísima fonte de proteínas vexetais. Contén ademais todos os aminoácidos esenciais. É máis suave e dixestivo que os alimentos ricos en proteínas como a carne, os ovos ou o leite. É baixo en calorías. Non ten colesterol e ademáis axuda a reducir os niveis de colesterol no sangue. Contén lecitina (boa para o colesterol e a memoria). Ten máis calcio e minerais que a carne.Non contén conservantes, colorantes nin productos químicos.

KÉFIR

O kéfir é un producto lácteo fermentado orixinario do Cáucaso. O kéfir ten un aspecto similar á coliflor pero é máis blando. É unha combinación de bacterias probióticas e levaduras (mofos), proteínas, lípidos e azúcares. Lactobacillus acidophilus é a bacteria e Saccharomyces kefir a levadura. Existen tres tipos de kéfir: o kéfir de leite, o kéfir de auga e o kéfir de té o Kombucha. As bacterias probióticas modifican favorablemente o balance da microflora intestinal, inhiben o crecemento de bacterias nocivas, favorecen unha boa dixestión, potencian a función inmunolóxica e aumentan a resistencia ás infeccións.

Rematado o traballo de Voz Natura

O invernadoiro produce unhas riquísimas hortalizas que cociñan @s nos@s pequen@s chefs...

17.4.08

Para coidar mellor a PACA


Hoxe tivemos a visita de Paca, unha pequerrechiña Dionaea muscípula...É preciosa e ten un apetito tremendo!!! Para coidala e que se desenvolva forte e guapa podedes visitar esta páxina...
fichas.infojardin.com/plantas-carnivoras/dionaea-muscipula-venus-atrapamoscas-diana-atrapamoscas.htm

16.4.08

Para 4º ESO

O bostezo non só indica cansancio ou aburrimento, tamén un cambio de condicións no interior do noso organismo; a transición dun estado de sono a un de vigilia e viceversa.

Tamén bostezan o resto de vertebrados : aves, peixes, reptís e anfibios. Mais só nos humanos e simios o bostezo é contagioso. Como o bostezo pode expresar mensaxes antisociais (aburrimento, rechazo, cansancio…) inténtase disimular cubrindo a boca coa man.

Para a que se sinta aludida...

Aquí atoparás información e exercicios de recuperación...

www.traumazamora.org/infopaciente/esguince/esguince.html

Pregunta

Que profesión desempeñan as persoas da figura? E por que se visten dese xeito? ESTO É DE NOTA!!!

Para Santiago...

O 40% da producción mundial de telas de lana obtense de ovellas merinas e un 43%, de variedades cruzadas. O 17% restante procede de variedades especiais de ovella y outros animais como o camello, a alpaca, as cabras de ANGORA, Cachemira e Mohair, a llama, a vicuña, o yak e o guanaco. A lana emprégase na fabricación de mantas, alfombras, tapicerías e confección de roupa.

A angora, ademais pódese obter de coellos. Como podedes observar, non é UN PAÍS ou ALGO QUE SE SACA DO PORCO!!!???

15.4.08

A petición de Sideral...



CALENDARIOS 2ºESO


En xeral todos traballáchedes moito. Parabéns e seguide así!!!

14.4.08

Relevos Kársticos 2º ESO


Imaxes espectaculares da cueva de Valporquero-León e as cuevas del Drach-Mallorca
www.descubreleon.com/rutas/galeriacueva.php#

www.cuevasdrach.com/

Fiordos 2º ESO










Para saber máis destas marabillas naturais www.noruega.es/travel/tour/fiordos.htm

13.4.08

Para ir facendo boca...


Os nosos querid@s compañeir@s de 4º de ESO vanse este próximo venres de excursión á capital. Para que vaian informados do que van a ver, eiquí teñen unha páxina axeitada para coñecer a historia desa cidade, peculiaridades, imaxes...
www.descubremadrid.com/dm/es_ES/p/conocemadrid|historia|historia/idP/105/idM/137/

Aínda que esta páxina está BASTANTE MELLOR...
es.youtube.com/watch?v=dyFmXLGcZkY
Bueeeeeno, esta gústame BASTANTE MÁIS!!!
es.youtube.com/watch?v=8b8cGhxhAsY&feature=related
Mais esta é simplemente preciosa es.youtube.com/watch?v=xGETsSZaWiY&feature=related

Como se chama esta acumulación de auga doce?

10.4.08

Chernóbil 2º ESO


A noite do 25 ó 26 de abril de 1986, á 1 e 23 da madrugada do sábado, no reactor número 4 de Chernóbil, tivo lugar o maior accidente da historia nuclear. Os efectos da radiactividade superaron todas as previsións, e a verdadeira magnitude dos danos vaise coñecendo anos despois. Xa morreron máis de 25.000 persoas, e polo menos 7 millóns foron contaminadas pola radiactividade. Según a OMS morrerán 500.000 persoas a causa do accidente de Chernóbil. A catástrofe afectou gravemente a Bielorrusia, Ucrania E Rusia, causando pérdidas incalculables, e danos terribles ás personas, á flora e á fauna. Máis de 160.000 km2 están contaminados : foi unha das maiores catástrofes ambientais.

Foron necesarios nove días de esforzo para poder controlar o incendio posterior á explosión do reactor. Para controlar o lume e conter a radiactividade, os helicópteros lanzaron sobre o núcleo do reactor máis de 5.000 toneladas de plomo, boro e outros materiais. Posteriormente construiuse un xigantesco sarcófago, feito con 410.000 metros cúbicos de formigón e 7.000 toneladas de aceiro; o sarcófago rematouse en novembro de 1986 e hoxe debería ser sustituido por outra estructura. O reactor danado permanecerá radiactivo como mínimo os próximos 100.000 anos.

Datación con carbono catorce C-14 2ºESO

A datación por radiocarbono é un método de datación radiométrica que emprega o isótopo carbono-14 (14C) para determinar a idade de materiais que conteñen carbono ata uns 60.000 anos. Dentro da arqueoloxía é considerada unha técnica de datación absoluta. A técnica foi descuberta por Willard Libby en 1949. En 1960, Libby foi premiado co premio Nobel en Química por este método de datación.

Dato: un isótopo son átomos do mesmo elemento químico, pero con diferente número de neutróns, é dicir, con diferente masa atómica.

Clases sen fume 1º ESO /2008

Clases sen fume 2º ESO /2008

9.4.08

E fai frío...

Capacidade Cerebral 4º ESO

Moitas veces dícese que o ser humano emprega só un dez por cento da capacidade do seu cerebro, e que supostamente si se chegara a empregar o cen por cen tería poderes asombrosos.
Este dato é en realidade un mito que puido orixinarse nun erro de interpretación. Os especialistas en neurobioloxía tenden a coincidir en que o ser humano sí usa a meirande parte do seu cerebro. O mito ó redor deste dato orixinouse cunha cita errónea atribuída a Albert Einstein ou a unha malinterpretación das investigacións do fisiólogo francés Pierre Flourens, do s. XIX.
Flourens traballou investigando a forma na que a información era organizada no cerebro. Tratando de atopar evidencias da localización da memoria en ratas de laboratorio, descubriu que o cerebro destes roedores podía recuperarse de danos menores, pois outras partes do órgano asumían as tarefas das partes dañadas.
Probablemente chegouse á conclusión de que moitas partes do cerebro non eran utilizadas, posto que podía recibir dano sin grandes consecuencias. Mais tamén é certo que pequenos danos en áreas específicas do cerebro humano poden ter serios efectos no comportamento ou nas habilidades. O que Flourens descubriu é que alguhnas partes do cerebro poden aprender a efectuar as tarefas de áreas danadas.
Hai evidencia de que si non se practican actividades mentais e capacidades, tende a atrofiarse igual que un músculo. Tamén é certo que por medio da práctica pódense desenvolver moitas habilidades mentais, pois é un órgano que se pode desenvolver por medio do exercicio. Aparentemente é posible desenvolver máis algunhas habilidades dependendo da idade.
Sin embargo eso non significa que a persoa promedio use só unha décima parte do seu cerebro, e tampouco que poida chegarse a ter capacidades telepáticas ou telequinéticas.


8.4.08