A Semana do Oso Polar está organizada por Polar
Bears International, unha organización sen ánimo de lucro para a
conservación do oso polar. Destaca os graves desafíos aos que se enfrontan
estos maxestuosos depredadores debido ao cambio climático, especialmente a
rápida desaparición do xeo mariño no Ártico.
En Europa, os osos polares poden atoparse en rexións árticas de Svalbard, en Noruega, e nas illas árticas
de Rusia, onde a súa supervivencia tamén está ameazada polo desxeo. Nestas
áreas, o derretemento do xeo afecta ás súas rutas de caza, pondo en perigo a
súa subsistencia.
Tanto o Ártico canadiense como o europeo lémbrannos a urxencia de actuar contra
o cambio climático. Os esforzos de conservación nestas rexións árticas son esenciais
para asegurar que os osos polares poidan seguir habitando os seus entornos
naturais e manter o equilibrio dos seus fráxiles ecosistemas.
"ABRAZOS QUE ABRIGAN EL ALMA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario