13.10.24

CABAZAS

A cabaza é unha cucurbitácea orixinaria de América Central e América do Norte, onde se cultivou durante miles de anos. Extendeuse polo resto do continente americano e posteriormente chegou a Europa e a outras partes do mundo. A cabaza é unha froita moi versátil que se emprega en numerosas receitas, tanto doces como salgadas. Ademais, ten usos medicinais e emprégase como elemento decorativo en festividades como Halloween.

As variedades de cabaza son moitas e diferéncianse pola súa forma, cor, tamaño e sabor. Algunhas das máis comúns son :

  • Cabaza xigante ou  Cucurbita máxima”: é a máis coñecida e ten forma redonda e cor laranxa ou verde.

  • Cabaza Patisson ou Bonetera: é branca, verde ou amarela e ten forma de flor de xirasol.

  • Cabaza turbante: de varias cores e ten forma de sombreiro.
  •  Cabaza Cacahuete ou Butternut: é alongada e de cor amarela clara.






No hay comentarios: