31.12.24

25.12.24

24.12.24

25.11.24

TARTARUGA LAÚD

 É a tartaruga máis grande. Pode chegar a medir 3 m e acadar unha masa de 800 Kg.





25 N

 


 CURIOSIDADES




19.11.24

Cochinillas da humidade

A inmensa maioría dos crustáceos son acuáticos. Pero algunhas especies evolucionaron a terrestres, sendo capaces de canalizar a auga das gotas do rocío ata o seu organismo ou ben enrólanse en forma de bola, non só como medida de protección, tamén para conservar a humidade.

 As cochinillas da humidade son o grupo máis exitoso deses crustáceos terrestres.

Algunhas especies de cochinillas da humidade teñen a particularidade de enrolarse cando se ven ameazadas, polo que nalgúns lugares chámaselles ‘bichos bola’. Sin embargo, non hai que confundilos cos insectos que tamén se chaman igual. Para diferencialos, basta con ter en conta o número de patas. Como insectos que son, os bichos bola teñen só seis, mentras que as cochinillas da humidade teñen 14.

Non hai que confundilas cos “bichos bola”, que son insectos.

 

17.11.24

"Zorro de fuego"

Hai numerosos tipos de pelaxe nos “zorros”: desde os árticos, pasando polos negros e incluso algúns cunha espectacular combinación vermella, como o chamado ‘zorro de fuego’ en Canadá.

 




12.11.24

Dactylopius coccus

A cochinilla, Dactylopius coccus, é un pequeno insecto nativo de América do Sur que vive en grupos nos nopales, cactus espinosos.

A palabra cochinilla deriva do latín “coccinus” que significa “de cor escarlata”, unha referencia ao ácido carmínico, unha sustancia química de cor vermella , producida  polas cochinillas femias e os seus ovos, que se emprega para facer un tinte de cor vermello intenso.

 




3.11.24

NOVOS MINERAIS DESCUBERTOS EN GALICIA

No ano mineralóxico internacional (2022), a ERMELOÍTA foi recoñecida como mineral pola Asociación Mineralóxica Internacional (IMA), convertíndose no cuarto mineral atopado en Galicia. Este feito non acontecía desde mediados do s. XIX, momento no que se identificaron os seus tres antecesores: a morenosita, a bolivarita e a cervantita. 

A ermeloíta atopouse nas ladeiras do Monte do Xestoso, en Moaña. Leva ese nome porque fai referencia á toponimia do seu descubrimento, xa que apareceu nunha zona denominada As Chans de Ermelo.  

É un fosfato de aluminio monohidratado. A súa apariencia é a dunha masa externamente pulverulenta, compacta, e internamente cristalina de cor blanquecina.  

Está exposto de xeito permanente no Museo de Historia Natural da USC.

Podemos considerar o descubrimento deste novo mineral en Galicia como un feito importante na historia da mineraloxía en España e no mundo. Este novo mineral pode ter implicacións significativas para a investigación xeológica, a minería sostible e o desenvolvemento de tecnoloxías sostibles no futuro.  





29.10.24

"EL HOMBRE DE VITRUVIO"

Denomínase “Hombre de Vitruvio” a un debuxo elaborado polo pintor renacentista Leonardo da Vinci, baseado no traballo do arquitecto romano Marco Vitruvio Polión. Leonardo representa a un home con brazos e pernas extendidos en dúas posicións, enmarcado dentro dun cadrado e un círculo. Leonardo determinou neste traballo as regras que describen as proporcións do corpo humano, a partir das que se xuzga a súa armonía e beleza.


 

CANGURO ARBORÍCOLA

Os canguros arborícolas son nativos da península de Huon en Papúa Nova Guinea, onde están ameazados por actividades humanas como a destrución do seu hábitat e a caza.

 





27.10.24

Semana do OSO POLAR

A Semana do Oso Polar está organizada por Polar Bears International, unha organización sen ánimo de lucro para a conservación do oso polar. Destaca os graves desafíos aos que se enfrontan estos maxestuosos depredadores debido ao cambio climático, especialmente a rápida desaparición do xeo mariño no Ártico.
En Europa, os osos polares poden atoparse en rexións árticas de Svalbard, en Noruega, e nas illas árticas de Rusia, onde a súa supervivencia tamén está ameazada polo desxeo. Nestas áreas, o derretemento do xeo afecta ás súas rutas de caza, pondo en perigo a súa subsistencia.

Tanto o Ártico canadiense como o europeo lémbrannos a urxencia de actuar contra o cambio climático. Os esforzos de conservación nestas rexións árticas son esenciais para asegurar que os osos polares poidan seguir habitando os seus entornos naturais e manter o equilibrio dos seus fráxiles ecosistemas.

 

 "ABRAZOS QUE ABRIGAN EL ALMA"



24.10.24

ATLAS DO CEREBRO DUNHA MOSCA

Varios equipos de investigación cartografiaron  por primeira vez este órgano nun exemplar adulto, que contén unhas 140.000 neuronas e máis de 50 millóns de conexións. O traballo, que ofrece a oportunidade de estudar o seu funcionamento con máis detalle do que antes era posible, facilita o camiño para mapear os cerebros doutras especies e avanzar no tratamento de trastornos cerebrais.

Con 139 255 neuronase uns 50 millóns de sinapses que as conectan. Trátase do primeiro diagrama de cableado (ou conectoma) de todo o cerebro deste insecto, a Drosophila melanogaster.

O cerebro dunha mosca da froita mide aproximadamente 250 micras e para estudalo e facer ese atlas , fixéronlle 7000 cortes!!!


 

TRANSCRIPCIÓN e TRADUCCIÓN

 


O CIENTÍFICO GALEGO DO ANO

 "GEODESIA"