No ano mineralóxico internacional (2022), a ERMELOÍTA foi recoñecida como mineral pola Asociación Mineralóxica Internacional (IMA), convertíndose no cuarto mineral atopado en Galicia. Este feito non acontecía desde mediados do s. XIX, momento no que se identificaron os seus tres antecesores: a morenosita, a bolivarita e a cervantita.
A ermeloíta atopouse nas ladeiras do Monte do Xestoso, en Moaña. Leva ese nome porque fai referencia á toponimia do seu descubrimento, xa que apareceu nunha zona denominada As Chans de Ermelo.
É un fosfato de aluminio monohidratado. A súa apariencia é a dunha masa externamente pulverulenta, compacta, e internamente cristalina de cor blanquecina.
Está exposto de xeito permanente no Museo de Historia Natural da USC.
Podemos considerar o descubrimento deste novo mineral en Galicia como un feito importante na historia da mineraloxía en España e no mundo. Este novo mineral pode ter implicacións significativas para a investigación xeológica, a minería sostible e o desenvolvemento de tecnoloxías sostibles no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario