18.3.22

SOLSTICIOS E EQUINOCCIOS

O inicio e o fin das estacións vén marcado polos solsticios e os equinoccios. Hai dous solticios (un de inverno e outro de verán) e dous equinoccios (un de primavera e outro de outono).

En que se diferencian?

Nos equinoccios, o día e a noite duran o mesmo. Nos solsticios, teñen diferente duración: o solsticio de inverno prodúcese na noite máis longa do ano e o solsticio de verán prodúcese na noite máis curta do ano.

Cando se producen?

Solsticio de invierno -sobre o 21 de decembro-, o equinoccio de primavera -sobre o 21 de marzo-, o solsticio de verán -sobre o 21 de xuño – e o equinoccio de outono -que se dará precisamente hoxe, 21 de setembro -.

 Por que se producen?

A posición do noso planeta con respecto ao Sol é a que os determina. A órbita do noso planeta ao redor do Sol non é circular, é elíptica, como podes apreciar no debuxo. Tamén podes apreciar que existen dous eixes, un maior e outro menor. Dúas veces ao ano a Terra pasa polos extremos deses eixes.

O punto da órbita da Terra que coincide cun dos extremos do eixe maior recibe o nome de solsticio (inicios do verán e do inverno).O solsticio de verán ten a noite máis curta do ano e o de inverno ten a noite máis longa do ano.

 Do mesmo xeito, os puntos da órbita nos que a Terra coincide cos extremos do eixe menor denomínanse equinoccios. Tamén son dous, que indican o inicio do outono e da primavera. Nos equinoccios o día e a noite duran o mesmo.

 POLO TANTO…

Desde o equinoccio de primavera ata o solsticio de verán, a duración da  noite é cada vez menor, cada vez hai máis horas de luz. Os días vanse alongando pouco a pouco.

Pola contra,a partir do solsticio de verán, as horas de luz vanse reducindo ata que no equinoccio de outono iguálanse as horas de luz e as de escuridade. No solsticio de inverno acádase o máximo de horas de escuridade.

 

 


 

 

 

 

 

No hay comentarios: