11.3.22

O PÁNCREAS

 O páncreas é unha glándula (de 200 g e 20 cm)situada entre o fígado e o estómago, responsable de producir múltiples hormonas . Tamén é a responsable dunha das enfermidades crónicas máis prevalentes do mundo occidental: a diabete.

Lembra que era unha  glándula mixta, é dicir, pode segregar enzimas que colaboraran na dixestión alimentaria e tamén produce hormonas que van ao torrente sanguíneo.

Secreta diversas hormonas como a secretina, a gastrina, o glucagón e a insulina. Estas dúas últimas son as máis importantes, xa que son as que se ven alteradas na diabete, unha enfermidade que provoca un aumento de azúcar no sangue. A diabete pode sufrirse desde o nacemento ou a infancia -diabete tipo 1-, ou na idade adulta a causa dunha mala alimentación ou sedentarismo-diabete tipo 2-. Recentemente , a diabete tipo 2 tamén se relaciona con factores xenéticos.

 Outra afección do páncreas sería a pancreatite, causada por unha mala alimentación ou consumo excesivo de alcohol.


 

No hay comentarios: