A UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como Día Internacional das Matemáticas. En moitos países, no 14 de marzo (3/14) xa se viña celebrando o Día de Pi, polo que a resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas, polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo en ámbitos como a intelixencia artificial, a saúde, o cambio climático, as enerxías e o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral..
O lema deste ano é «Las matemáticas unen», para sinalar que son unha linguaxe común que todos temos. As matemáticas únennos, son ferramentas das ciencias, axúdannos a crear vínculos entre nós, sen importar a xeografía, a riqueza, o xénero, relixión, etnia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario