30.3.22
29.3.22
24.3.22
22.3.22
21.3.22
20.3.22
18.3.22
SOLSTICIOS E EQUINOCCIOS
O inicio e o fin das estacións vén marcado polos solsticios e os equinoccios. Hai dous solticios (un de inverno e outro de verán) e dous equinoccios (un de primavera e outro de outono).
En que se diferencian?
Nos equinoccios, o día e a noite duran o mesmo. Nos solsticios, teñen diferente duración: o solsticio de inverno prodúcese na noite máis longa do ano e o solsticio de verán prodúcese na noite máis curta do ano.
Cando se producen?
Solsticio de invierno -sobre o 21 de decembro-, o equinoccio de primavera -sobre o 21 de marzo-, o solsticio de verán -sobre o 21 de xuño – e o equinoccio de outono -que se dará precisamente hoxe, 21 de setembro -.
Por que se producen?
A posición do noso planeta con respecto ao Sol é a que os determina. A órbita do noso planeta ao redor do Sol non é circular, é elíptica, como podes apreciar no debuxo. Tamén podes apreciar que existen dous eixes, un maior e outro menor. Dúas veces ao ano a Terra pasa polos extremos deses eixes.
O punto da órbita da Terra que coincide cun dos extremos do eixe maior recibe o nome de solsticio (inicios do verán e do inverno).O solsticio de verán ten a noite máis curta do ano e o de inverno ten a noite máis longa do ano.
Do mesmo xeito, os puntos da órbita nos que a Terra coincide cos extremos do eixe menor denomínanse equinoccios. Tamén son dous, que indican o inicio do outono e da primavera. Nos equinoccios o día e a noite duran o mesmo.
POLO TANTO…
Desde o equinoccio de primavera ata o solsticio de verán, a duración da noite é cada vez menor, cada vez hai máis horas de luz. Os días vanse alongando pouco a pouco.
Pola contra,a partir do solsticio de verán, as horas de luz vanse reducindo ata que no equinoccio de outono iguálanse as horas de luz e as de escuridade. No solsticio de inverno acádase o máximo de horas de escuridade.
16.3.22
A CALIMA
É un fenómeno meteorolóxico que se produce na atmosfera e está caracterizado pola presencia de partículas en suspensión de po e area, e incluso, algunhas veces, de cinzas e arxila. O resultado é un ambiente turbio e moi denso.
Neste caso, o po procede do Sahara. A nube de po sahariano, impulsada polos ventos da borrasca Celia, avanza de sur a norte, hacia Europa occidental, tinxindo de laranxa os ceos e cubrindo todo o seu paso cunha fina capa da mesma cor.
15.3.22
14.3.22
DÍA MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS
A UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como Día Internacional das Matemáticas. En moitos países, no 14 de marzo (3/14) xa se viña celebrando o Día de Pi, polo que a resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas, polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo en ámbitos como a intelixencia artificial, a saúde, o cambio climático, as enerxías e o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral..
O lema deste ano é «Las matemáticas unen», para sinalar que son unha linguaxe común que todos temos. As matemáticas únennos, son ferramentas das ciencias, axúdannos a crear vínculos entre nós, sen importar a xeografía, a riqueza, o xénero, relixión, etnia...
13.3.22
11.3.22
O PÁNCREAS
O páncreas é unha glándula (de 200 g e 20 cm)situada entre o fígado e o estómago, responsable de producir múltiples hormonas . Tamén é a responsable dunha das enfermidades crónicas máis prevalentes do mundo occidental: a diabete.
Lembra que era unha glándula mixta, é dicir, pode segregar enzimas que colaboraran na dixestión alimentaria e tamén produce hormonas que van ao torrente sanguíneo.
Secreta diversas hormonas como a secretina, a gastrina, o glucagón e a insulina. Estas dúas últimas son as máis importantes, xa que son as que se ven alteradas na diabete, unha enfermidade que provoca un aumento de azúcar no sangue. A diabete pode sufrirse desde o nacemento ou a infancia -diabete tipo 1-, ou na idade adulta a causa dunha mala alimentación ou sedentarismo-diabete tipo 2-. Recentemente , a diabete tipo 2 tamén se relaciona con factores xenéticos.
Outra afección do páncreas sería a pancreatite, causada por unha mala alimentación ou consumo excesivo de alcohol.
10.3.22
8.3.22
7.3.22
Aparello dixestivo
Visualiza o vídeo, despois relee os apuntes de clase e para rematar, debuxa o esquema do aparello dixestivo que aparece debaixo.
3.3.22
2.3.22
CORAIS
Os pólipos coralinos son en realidade animais translúcidos. Os espectaculares tons de cor dos arrecifes proveñen dos miles de millóns de algas (zooxantelas) que albergan. Cando se sinten estresados por factores como a contaminación ou o cambio da temperatura da auga, os corais expulsan ás algas que os rodean, provocando o branqueamento do coral, que pode acabar por matar á colonia si o estrés non se reduce.