10.10.23
9.10.23
NOMES CURIOSOS...
AGUA FUERTE o SALFUMÁN : ACIDO CLORHÍDRICO
AMIANTO : SILICATO DE MAGNESIO
TIZA : CARBONATO CÁLCICO
GAS DE LA RISA : ÓXIDO NITROSO
ACEITE DE VITRIOLO ÁCIDO SULFÚRICO
6.10.23
Por qué se producen as maniotas?
Hai dúas teorías .
Teoría do ácido láctico
Expón que a dor muscular prodúcese por unha acumulación de ácido láctico entre os músculos. O ácido láctico é un refugallo do metabolismo celular que se cree que cristaliza e produce a dor no músculo. Pero demostrouse que hai xente que ten maniotas a pesar de non xerar ácido láctico.
Teoría inflamatoria
A fricción xerada polo movemento constante das fibras musculares fai que se xeneren roturas e unha inflamación no músculo. A inflamación será a que cree a dor os siguintes días despois de facer exercicio.
Descuberto un cemiterio de elefantes de hai 14 millóns de anos nunhas obras en Madrid (Vallecas)
Trátase duns restos fósiles de gran tamaño que corresponden a oito exemplares parcialmente completos da especie “Gomphotherium angustidens”, dos que se recuperaron mandíbulas, colmillos, fémures, húmeros e cadeiras completas.
É un antepasado dos modernos elefantes africanos que viviu na zona xunto a tartarugas xigantes, carnívoros de gran tamaño e antepasados dos actuais cabalos, cervos e xabaríns.
Esta especie extinta de elefante tiña uns cinco metros de lonxitude por tres de altura e podía acadar un peso dunhas 2,5 toneladas. Poseía catro colmillos: dous superiores, diverxentes e curvados hacia abaixo, e dous inferiores, algo máis curtos. A súa trompa era máis curta que a dos elefantes actuais.
O “Gomphotherium angustidens” viviu durante o Mioceno, época na que os homínidos non apareceran aínda en Europa, algo que non consta que sucedera ata hai 1,4 millóns de anos en Atapuerca.
1.10.23
ALTRAMUCES
Os altramuces pertencen á familia das leguminosas polo que están emparentados coas lentellas, fabas, ou garavanzos.As súas propiedades e beneficios son variadas, posto que son moi ricos en proteínas, aporta fibra, vitaminas B e minerais esenciais.
Proveñen dunha pranta denominada lupino e teñen un sabor lixeiramente amargo.




