Con 400 Kg de peso e 2 m de lonxitude, a “ Tortuga Gigante de las Galápagos “ é a maior das especies de tartarugas terrestres que viven hoxe en día. Tamén é un dos animais máis lonxevos que se coñecen, cunha media de idade que supera os 150 anos. Son vexetarianas , poden chegar a durmir 16 horas diarias e tamén son capaces de sobrevivir durante meses sin auga nin alimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario