18.2.22

World Whale Day

Son animais vertebrados, mamíferos placentarios, cetáceos e, concretamente, cetáceos misticetos. Conforman a familia dos balaénidos ou das baleas barbadas.

Estos animais poden chegar a medir entre 25 e 32 metros e os exemplares máis grandes poden chegar a pesar 180 toneladas. De feito, unha destas especies de balaénidos, a balea azul, é o animal máis grande do mundo na actualidade.

CURIOSIDADES

·       As baleas azuis broncéanse para evitar os danos provocados polos raios ultravioleta (UV), que poden causar lesións na súa pel.

·        Todas as baleas “jorobadas” macho cantan a mesma melodía de apareamento. 

·        Pénsase que poden imitar a voz humana.

·        Navegan coa mesma precisión dun “GPS”

·     Poden tragar máis do seu propio peso en auga, para logo filtrar millóns de exemplares de krill, pequenos crustáceos que constitúen o seu alimento principal.

·       O ruído das hélices e dos motores dos grandes barcos estresan ás baleas.

·        As orcas son unhas das nais máis protectoras da natureza.


 

 

No hay comentarios: