22.2.22

CHICLES

É unha goma masticable con sabor doce.

A maioría dos chicles actuais utilizan unha base de plástico neutro, tamén coñecido como acetato de polivinilo, que é un PLÁSTICO tipo termoplástico.

Un dos principais usos do acetato de polivinilo é como pegamento (principalmente atópase en adhesivos ou pegamentos para madeira) ou en pinturas.

Antes empregábase a savia dunha árbore tropical: o chiclero.

Nota: un chicle tarda en descomporse na natureza uns cinco anos.


UN POUCO DE HISTORIA

Na antiga Grecia ou en Exipto xa se mastigaban resinas de árbores e plantas con propiedades medicinais.

O chicle moderno naceu nas selvas de Centroamérica. Foron os “mayas” quen comezaron a recolección da savia do chicozapote, unha das árbores máis abundantes da zona. Tras un proceso de secado, obtíñase unha goma masticable que usaban para limpar os dentes e a boca ou ben para inhibir a fame.

O nome con que os “mayas” coñecían esta goma foi “sicte”, que significa sangue. O seu uso extendeuse e chega aos aztecas co nome de “tzictli” (a palabra significa pegar) e posteriormente pasa á lingua española como chicle

 

NOTA: Thomas Adams foi un científico e inventor estadounidense do s. XIX. É considerado como fundador da industria do chicle comercial.

Máis adiante, a marca ADAMS lanzaría outros produtos como: Trident (1962), Halls (1971) e Bubbaloo (1977).

 


 

No hay comentarios: