É unha goma masticable con sabor doce.
A maioría dos chicles actuais utilizan unha base de
plástico neutro, tamén coñecido como acetato
de polivinilo, que é un PLÁSTICO tipo termoplástico.
Un dos principais usos do acetato de polivinilo é como pegamento (principalmente
atópase en adhesivos ou pegamentos para madeira) ou en pinturas.
Antes empregábase a savia dunha árbore
tropical: o chiclero.
Nota: un chicle tarda en descomporse na
natureza uns cinco anos.
UN POUCO DE HISTORIA
Na antiga Grecia ou en Exipto xa se
mastigaban resinas de árbores e plantas con propiedades medicinais.
O chicle moderno naceu nas selvas
de Centroamérica. Foron os “mayas” quen comezaron a recolección da savia do chicozapote,
unha das árbores máis abundantes da zona. Tras un proceso de secado, obtíñase
unha goma masticable que usaban para limpar os dentes e a boca ou
ben para inhibir a fame.
O nome con que os “mayas” coñecían esta
goma foi “sicte”, que significa sangue. O seu uso extendeuse e chega aos
aztecas co nome de “tzictli” (a palabra significa pegar) e posteriormente pasa
á lingua española como chicle.
NOTA: Thomas Adams foi un científico e inventor estadounidense do s. XIX.
É considerado como fundador da industria do chicle comercial.
Máis adiante, a
marca ADAMS lanzaría outros produtos como: Trident (1962), Halls (1971) e Bubbaloo (1977).