15.11.21

A" la" máis cara do mundo

 A vicuña, de nome científico Vicugna vicugna, é un animal da familia dos camélidos (do mesmo xeito que “camellos” e dromedarios). Forma un grupo dentro dos camélidos, formado pola “llama”, o guanaco e a alpaca , que procede da domesticación da vicuña.

É un animal salvaxe e o máis pequeno entre os camélidos. Os dromedarios poden chegar a acadar os 1.000 kg de peso, e a vicuña pesa entre 35 e 65 kg.

A vicuña é famosa por ser portadora do que se coñece como “el oro de los Andes”, debido a que a súa fibra, (que sería la, pero técnicamente la é só a de ovella) é a máis cara do mundo. Un kilo de pelo de vicuña costa aproximadamente 400 euros.

 Hai que ter en conta que, ademais de estar protexidas, unha vicuña produce pouco máis de 200 gramos de “la” cada tres anos e que, ao ter uns pelos tan curtos e finos, o “hilado” é extremadamente difícil de realizar.

Por outro lado,a modo de curiosidade, hai que esquilar unhas 30 vicuñas para ter “la” suficiente para un abrigo.

 

Ver las imágenes de origen

 

 

 

 

No hay comentarios: