19.9.21

Erupción nas illas Canarias

O volcán” Cumbre Vieja “, na illa canaria de La Palma comezou a súa su erupción, de tipo estromboliano, este domingo pola tarde, despois de máis dunha semana na que se produciron máis de 4.000 tremores e tras un seísmo de 4,2 na  escala sísmica. A expulsión de lava comezou pasadas as 15:00 horas. Está situado na zona coñecida como Cabeza de Vaca, no municipio de El Paso.

As erupcións estrombolianas son as que combinan a emisión de lavas con explosións cíclicas no cráter do volcán. Tamén se caracterizan por moita emisión de productos piroclásticos (cinzas, lapilli, bombas volcánicas).

As erupción estrombolianas denomínanse así polo volcán que formou a illa de Stromboli, no arquipélago das illas Eólicas ao norte de Sicilia (Italia).

Estas erupcións son particularmente espectaculares pola noite, cando a lava brilla intensamente.

 



 

4 comentarios:

Raquel dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Raquel dijo...

En qué ano se produciu a última erupción nas illas Canarias? Como se chamaba o volcán?

Leire Fernandez Rodriguez dijo...

A ultima erupción volcanica nas illas Canarias produciuse no 1971.
O volcán chamabase Teneguía.







Raquel dijo...

Moi ben, Leire!!!
A outra resposta tamén, pero non sei quen é,,,