16.9.21

ALMADÉN

 A Sociedade Europea de Química decidiu otorgar a este pobo a distinción de sitio histórico de referencia pola importancia e a repercusión da mina de mercurio (Hg).

A mina de Almadén (Ciudad Real), que estivo activa 2.000 anos, é o maior xacemento de mercurio coñecido ata a data. Desta mina obtívose a terceira parte do mercurio consumido pola humanidade. En 2002 cesou a súa explotación, aínda que hai unha gran reserva de cinabrio no seu interior.

Cinabrio: mineral. É a fonte máis importante de mercurio. Na antigüidade empregouse como conservante de osos, na Idade Media, os alquimistas, empregárono para elaborar un elixir de lonxevidade; tamén empregouse como colorante para o lacre, que era un sólido (que contiña tamén cera de abella) para sellar as cartas ou documentos da realeza.

 



No hay comentarios: