30.5.21

PRIMEIRA COMUNIÓN

 

As finas, brancas e redondas obleas que representan o Corpo de Cristo na Eucaristía non son outra cousa que discos de pan ázimo, é dicir, que na súa elaboración non se empregou  levadura.

Xeralmente fabrícanse de xeito artesanal, e a súa receita é moi sinxela.
Só se combina auga cunha variedade de fariñas, especialmente de trigo. Unha delas é  rica en gluten, que é a que lle aporta a textura tan especial que teñen.

Nos últimos anos tamén hai variedades sen gluten, para as persoas celiacas.




18.5.21

CÁLAOS

 

Os cálaos, ou bucerótidos, son unha familia de aves que se atopan en África e Asia . Teñen un  pico longo e curvado hacia abaixo, frecuentemente de cor brillante e ás veces teñen un “casquillo” na mandíbula superior.  O nome deriva do grego,“buceros” , que significa “corno de vaca”.

Varias especies de cálaos están ameazadas de extinción.




 

9.5.21

TOFU

 

Obtense a partir da solla, pola coagulación da «bebida de solla» e o seu prensado posterior. Nese prensado sepárase a parte líquida da sólida, de xeito similar a como se prepara o queixo a partir do leite. Tamén se pode denominar “callada de solla”.

Ten un alto valor proteico e de minerais (Fe e Ca), así como ácido omega 3 e graxas saudables.

Atréveste a probalo?

TOFUNESA : triturar 200 g de tofu coas follas dun feixe de albahaca, dous dentes de allo, 30 g de anacardos tostados, 60 ml de aceite de oliva, un pouco de sal e, si se quere, 25 g de parmesano relado, ata que todos os ingredientes estén ben integrados. Podemos servir con “palitos” de verdura, pan tostado…, ademais de usalo como salsa para ensaladas de pataca ou tomate. Riquísimo!!!