Peixe de aletas lobuladas. Pensábase que se extinguira fai uns 65 millóns de anos, pero en 1938 descubriuse un exemplar nas costas orientais africanas.
Só se coñecen dúas especies, nas costas africanas e nas de Indonesia. Estes peixes son un exemplo da evolución que sufriron os peixes de aletas lobuladas para transformarse en animais vertebrados terrestres de catro patas, como os anfibios.
As aletas lobuladas exténdense hacia fora coma se fosen patas e móvense alternativamente, coma as dun cabalo trotando.
O celacanto é un peixe abisal que vive a profundidades de ata 700 metros. Puede acadar un tamaño enorme, de máis de 2 metros de lonxitude e 90 kg de masa. Pode vivir 60 anos ou máis.
É unha especie en perigo de extinción.