En España, Grecia e países Sudamericanos o martes 13 é considerado un día de mala sorte, tal como sucede co venres 13 nas culturas anglosaxonas ou o venres 17 en Italia. A fobia a este día denomínase Trezidavomartiofobia ou Triscaidecafobia (que cousas!!). Os motivos para designar o martes 13 poden ser dous: martes ven do planeta Marte, chamado na Idade Media "o pequeno maléfico" e significa, enerxía, tensión e agresividade. O número trece é considerado de mal augurio xa que na Última Cea, trece eran os comensais, a Cábala enumera a 13 espíritus malignos e no Apocalípsis, o capítulo 13 corresponde ó anticristo…O medo ós venres 13 denomínase collafobia o friggaatriscaidecafobia, que son variedades das citadas antes. O motivo de que nos países anglosaxóns sexa este o día de mala sorte pode estar en que foi un 13 de octubre de 1307 cando os cabaleiros templarios comezaron a ser perseguidos, torturados e posteriormente queimados na fogueira nas mans da “Santa Inquisición”. Cando ardían nas fogueiras lanzaron maldicións ós seus verdugos, como a que fixo o derradeiro gran maestre dos templarios Jacques de Molay ó rei Felipe IV de Francia e ó papa Clemente, que por certo cumplíronse…
Para máis información, este artículo é curioso
3 comentarios:
Pois a min que Martes e 13 sempre me gustaron moito....oigh!!
Por certo, coma podes ver ¡xa tou de volta!
hola!
yo no creo en la mala suerte sólo en las casualidades, porque un día antes de hacer un examen de naturales se me cruzaron 3 gatos negros de ojos verdes y saqué un 9.1
jejeje
a mi me encantan los gatos negros y el numero 13 tambien, pues se dice que las brujas negras siempre son trece.
Co bonitiños que son os michiños negros...
Publicar un comentario