23.5.08

"Jaula de Faraday"

Introduce unha radio encendida nunha caixa de zapatos e, aínda que algo atenuada, síguese escoitando perfectamente. A continuación poñémola nunha caixa metálica percibíndose só un zumbido pero non palabras audibles. Envolvémola con papel ou tela e continúa escoitándose e con papel de aluminio ocurrindo o mesmo efecto que coa caixa metálica.Repetimos a experiencia metendo a radio nun cilindro de tela metálica ocurrindo o mesmo efecto que coa caixa metálica e o papel de aluminio.Unha “jaula de Faraday” é un recinto pechado formado por cubertas metálicas ou por un enreixado de mallas apretadas que impide no interior a influencia dos campos eléctricos exteriores.Ó ser as ondas de radio ondas electromagnéticas non se poden percibir no interior da “jaula”.

2 comentarios:

Raquel dijo...

Este é o motivo de que os móviles non funcionen dentro dalgúns ascensores :)

sideral dijo...

Pois vai ser entón iso....