26.2.08

A Química Orgánica na práctica. 3º e 4º ESO


Algunha vez escoitarías falar dos OCTANOS da gasolina. Espero que o poidas entender mellor con esta pequena explicación.

Cando se queima a gasolina no interior do cilindro do motor do automóvil, a explosión debe ser tal que empuxe ó pistón de xeito suave e continuo. Si a combustión é demasiado rápida, prodúcese unha detonación que fai que o pistón reciba un golpe brusco e se reduza a eficiencia do motor.
Ó índice de octano dunha gasolina é unha medida da súa capacidade antidetonante. As gasolinas que teñen un alto índice de octano producen unha combustión máis suave e efectiva. O índice de octano dunha gasolina obtense por comparación do poder detonante da mesma co dunha mezcla de isooctano e heptano. Ó isooctano asígnaselle un poder antidetonante de 100 e ó heptano de 0. Unha gasolina de 97 octanos compórtase, no que se refire á súa capacidade antidetonante, como unha mezcla que contén o 97% de isooctano e o 3% de heptano.

No hay comentarios: