15.2.08

Programa Voz Natura




Neste mes instalaremos o invernadoiro na aula de natureza do centro. Nel, os alumnos de E.I e E.P realizarán cultivos de froitas, legumes e hortalizas. Os alumnos da ESO tamén participaredes desta actividade, naquelas áreas que se relacionen máis co coidado, respecto e mantemento da natureza e nas horas que sexan máis axeitadas. En E.I e E.P a actividade estará complementada cun taller de cociña cos productos que eles mesmos cultivaron, comezando xa a finais deste mes cas primeiras receitas, empregando as noces e castañas recollidas na horta durante o pasado outono.
Para máis información, podes acceder á páxina www.voznatura.es onde se recollen as características do concurso, artigos de interés, bases do concurso fotográfico, fotos e xogos relacionados coa preservación e coidado do medio ambiente.

No hay comentarios: