29.2.08
Que é un ano bisiesto?
28.2.08
Algo de Literatura...
Resultados "Tecnología"
Resultados de Orgánica...
27.2.08
26.2.08
A Química Orgánica na práctica. 3º e 4º ESO
Algunha vez escoitarías falar dos OCTANOS da gasolina. Espero que o poidas entender mellor con esta pequena explicación.
Cando se queima a gasolina no interior do cilindro do motor do automóvil, a explosión debe ser tal que empuxe ó pistón de xeito suave e continuo. Si a combustión é demasiado rápida, prodúcese unha detonación que fai que o pistón reciba un golpe brusco e se reduza a eficiencia do motor.
Ó índice de octano dunha gasolina é unha medida da súa capacidade antidetonante. As gasolinas que teñen un alto índice de octano producen unha combustión máis suave e efectiva. O índice de octano dunha gasolina obtense por comparación do poder detonante da mesma co dunha mezcla de isooctano e heptano. Ó isooctano asígnaselle un poder antidetonante de 100 e ó heptano de 0. Unha gasolina de 97 octanos compórtase, no que se refire á súa capacidade antidetonante, como unha mezcla que contén o 97% de isooctano e o 3% de heptano.
"Pequenos Chefs"
Coloides (3º ESO)
Fase dispersa | Fase dispersante | Exemplo |
---|---|---|
Sólido | Sólido | Aleacións, pedras preciosas coloreadas |
Sólido | Líquido | Suspensións de almidón, pinturas, tinta |
Sólido | Gas | Fumo |
Líquido | Sólido | Jaleas, queixo |
Líquido | Líquido | Emulsión, mahonesa |
Líquido | Gas | Nubes, néboa |
Gas | Sólido | Lava, pedra pómez |
Gas | Líquido | Escumas, nata batida |
25.2.08
Esternocleidomastoideo
Acertixos
Esta vez serán simples acertixos, non matemáticos. Só pon a proba a túa sagacidade.
lánzanme por un terraplén
e cando chego a unha casa
todos me queren ver. -------------
B.Nazo en lugares abruptos
sin ter pai
e conforme vou morrendo
vai nacendo a miña nai.--------------
asubía sin boca,
azouta sin mans
e ti nin o ves nin o tocas.---------------
24.2.08
23.2.08
Sabías que hoxe...
Aconteceu (1981)un fallido golpe de estado en España, tamén coñecido como 23-F. Levárono ó cabo algúns mandos militares, sendo a parte máis destacada o asalto ó Congreso dos diputados, por un numeroso grupo de gardias civís, dos que estaba ó mando o tenente coronel A. Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno Leopoldo Calvo Sotelo.
22.2.08
PARA UN VERDADEIRO SHERLOCK
FELICIDADES
Para pensar un pouco...
Nun cadrado debemos colocar os números do 1 ó 9 sin repetirse ningún (un en cada cadro). Dispomos das seguintes pistas:
- Os veciños do 1 suman 15
- Os veciños do 2 suman 6
- Os veciños do 4 suman 23
- Os veciños do 5 suman 16
Un número é veciño doutro só si a casilla na que está comparte algún dos seus lados co outro.Que número ocupará a casilla central?
| | |
| | |
| | |
21.2.08
Eclipse luar
Queres ver con detalle o derradeiro eclipse luar total da década, que tivo lugar a pasada noite ( do 20 ó 21 de febreiro) ? Aquí atoparás esas imaxes.
www.ucm.es/info/Astrof/obs_ucm/
Si eres un entusiasta do universo, da súa inmensidade e beleza poderás achegarte a ela en
www.xtec.es/~rmolins1/solar/es/lluna.htm
20.2.08
Adiviñas matemáticas
A. Canto vale cada letra, tendo en conta a seguinte suma:
DOS
DOS
DOS
DOS
___
OCHO
B. Proba a túa habilidade cos números:
a.Pon o nº 10 de dous xeitos diferentes empregando catro noves.
b.Pon o nº 100 de tres xeitos diferentes empregando cinco cifras iguais. Pista: con uns, con treses e con catros.
c.Pon o número 30 con tres treses. Con tres seises. Con tres cincos.
ELECTRICIDADE
A petición dun compañeiro de 2ºE.S.O, esta páxina permitirá ir coñecendo ( e xogando) con algúns conceptos básicos de electricidade. Proximamente ampliaremos esta cuestión tan importante...
www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1021
Non se come chicle...
Ultimamente unha frase moi empregada na nosa pequena familia colexial... Si queres saber o motivo de tan recurrente expresión, visita o seguinte enlace, coñecerás a súa procedencia, fabricación e a súa composición ( tan rica, sá, variada e equilibrada como cabería esperar).
www.sepiensa.org.mx/contenidos/p_chicles/chicle_1.htm
19.2.08
POIS MÁIS RETOS LÓXICOS...
A.Se 29 ras atrapan 29 moscas en 29 minutos. Cantas ras se necesitan para atrapar 87 moscas en 87 minutos?
B. Corrixe esta expresión de xeito que teña sentido, cambiando de lugar os catro díxitos , mais sen engadir outros signos matemáticos. 76=24
C. Un reloxio de parede cae ó chan e a esfera rompe en tres anacos. Os díxitos de cada anaco sumados dan o mesmo. Cales son os díxitos de cada anaco?
18.2.08
PLATELMINTOS: Tenia ou Solitaria
Alumnos de primeiro da ESO eiquí veredes unha tenia en "acción"...
wappy.ws/la-tenia-o-solitaria-video.html
16.2.08
Alumnos de 4º ESO
Bacharelato
www.terra.es/personal5/professn10/a34bavias.htm
Ciclos Formativos
www.educaweb.com/edw/seccion.asp?NoticiaID=1718&SeccioID=1781
Acertixos e adiviñas lóxicos. Atréveste?
A. Que número falta?
| 99 | | 45 | | 39 | | 36 | | 28 | | 21 | |
72 | | 27 | | 18 | | 21 | | ¿? | | 13 | | 7 |
B. A roda dunha ruleta amosa números do 1 ó 36. A bola detívose no número polo que eu apostara, que é divisible por 3 e impar. Se os seus díxitos se suman ou se multiplican o resultado é un número comprendido entre entre 4 e 8. Por que número apostei?
C. Un pai di: son catro veces maior ca miña filla e nun plazo de vinte anos doblareille a idade. Que anos temos a miña filla e máis eu ahora?
Si che gusta poñerte a proba e pasalo ben, visita
http://ar.geocities.com/elportaldewebo/
15.2.08
Vampiros (morcegos)
Os alumnos de primeiro de ESO prantexaron esta dúbida: existen os vampiros? Pois sí, son un tipo de morcegos, exactamente hai tres tipos de morcegos que se alimentan de sangue...Podes velos en www.dgdc.unam.mx/temp_murcielagos.html
Programa Voz Natura
Neste mes instalaremos o invernadoiro na aula de natureza do centro. Nel, os alumnos de E.I e E.P realizarán cultivos de froitas, legumes e hortalizas. Os alumnos da ESO tamén participaredes desta actividade, naquelas áreas que se relacionen máis co coidado, respecto e mantemento da natureza e nas horas que sexan máis axeitadas. En E.I e E.P a actividade estará complementada cun taller de cociña cos productos que eles mesmos cultivaron, comezando xa a finais deste mes cas primeiras receitas, empregando as noces e castañas recollidas na horta durante o pasado outono.
Para máis información, podes acceder á páxina www.voznatura.es onde se recollen as características do concurso, artigos de interés, bases do concurso fotográfico, fotos e xogos relacionados coa preservación e coidado do medio ambiente.
Hoxe, 15 de Febreiro, estaría de cumpreanos Galileo Galilei
Galileo Galilei , como sabedes, importantísimo científico, fundamental para a confirmación definitiva da teoría Heliocéntrica de Nicolás Copérnico, naceu en Pisa, un 15 de febreiro, alá polo século XVI...e xa fora quen de observar as manchas solares ou as montañas lunares, grazas á invención do telescopio.
13.2.08
E non te esquezas do ALMORZO
A riqueza e variedade da NATUREZA
Si che gustan as sorpresas divertidas á vez que curiosas recoméndoche esta páxina, onde poderás observar a riqueza e variedade da vida que nos rodea...
http://www.taringa.net/posts/imagenes/873454/Los-animales-más-raros.html
A literatura romántica, única orixe certa de San Valentín
A transmisión da literatura romántica a España é a única orixe real da festa de San Valentín, o resto de suposicións sobre a súa procedencia carecen de rigor científico, e nin siquera está claro si realmente o santo chegou a existir. As ideas de liberdade e pasión amorosa dos poetas do romanticismo son os verdadeiros 'culpables' desta data, dedicada cada 14 de febreiro ó ensalzamento do amor.
Non existieron festas paganas nas que as mulleres foran azoutadas con tiras de animais para aumentar a súa fertilidade, nin celebracións cristiás para homenaxear a un santo chamado Valentín. Algunhas das inexactitudes que atopamos en Internet son que San Valentín celébrase en España por evolución duns festexos realizados na época do Imperio Romano en honor ó deus da fertilidade Lupercus . Levábanse a cabo durante os 14 de febreiro de cada ano, e en elas azoutábase ás mulleres con tiras de pel de animal para aumentar a súa fecundidade. A outra historia débese a un sacerdote cristiano chamado San Valentín, que viviu durante a época do emperador romano Claudio III, quen prohibira o matrimonio entre os mozos de Roma. San Valentín casaba en secreto ós namorados, pondo en risco a súa vida, sendo decapitado por elo.
11.2.08
Próximo control de "CLASES SEN FUME"
A finais do presente mes ( día 26) os responsables de "Clases sen fume" pasarán polo centro para manter cos alumnos do primeiro ciclo da ESO unha pequena charla-coloquio sobre o tabaco, a súa publicidade e incidencia nos adolescentes. Asemade realizarán a correspondente proba de cooximetría, para poder acceder á fase final do programa, según os resultados obtidos, que espero e sei serán satisfactorios.Por mor desta visita sería convinte acceder á páxina www.pmministries.com/ministeriosalud/tabaco/tabacoindex.htm
co fin de recordar os efectos nocivos que esta droga ten sobre a nosa saúde.
www.quiero-dejar-de-fumar.com/efectos-del-tabaco.html
9.2.08
Ponte a proba.
- Todas as substancias que nos rodean están formadas por :
átomos moléculas átomos e moléculas - O elemento máis abundante no universo é:
hidróxeno helio carbono - O elemento máis abundante(en masa) nos seres vivos é
hidróxeno carbono osíxeno - Na lista seguinte : sodio, plata, titanio, bario, carbono, ha :
dous metais tres metais catro metais - O osíxeno é
un composto un elemento unha mezcla homoxénea - O aire é
un composto un elemento unha mezcla homoxénea - A agua é
un composto un elemento unha mezcla homoxénea - O azúcar é
un composto un elemento unha mezcla homoxénea - O bronce é
un elemento un composto unha mezcla homoxénea - Das siguentes substancias, cantas están constituídas por un único elemento? : grafito, diamante, latón
unha dúas tres - Ó disolver sal en agua, chega un momento no que non é posible disolver máis. A este tipo de disolucións dáselle o nome de :
concentradas saturadas sobresaturadas - Para separar dous líquidos miscibles podemos empregar unha :
destilación decantación filtración - Para separar dous líquidos inmiscibles podemos empregar unha
destilación decantación filtración - Ó mezclar dous líquidos obtense unha disolución
sempre nunca depende da natureza dos líquidos - Ó mezclar dous gases obtense unha disolución
sempre a veces depende da natureza dos gases