Denomínase “Hombre de Vitruvio” a un debuxo elaborado polo pintor renacentista Leonardo da Vinci, baseado no traballo do arquitecto romano Marco Vitruvio Polión. Leonardo representa a un home con brazos e pernas extendidos en dúas posicións, enmarcado dentro dun cadrado e un círculo. Leonardo determinou neste traballo as regras que describen as proporcións do corpo humano, a partir das que se xuzga a súa armonía e beleza.
29.10.24
CANGURO ARBORÍCOLA
Os canguros arborícolas son nativos da península de Huon en Papúa Nova Guinea, onde están ameazados por actividades humanas como a destrución do seu hábitat e a caza.
27.10.24
Semana do OSO POLAR
A Semana do Oso Polar está organizada por Polar
Bears International, unha organización sen ánimo de lucro para a
conservación do oso polar. Destaca os graves desafíos aos que se enfrontan
estos maxestuosos depredadores debido ao cambio climático, especialmente a
rápida desaparición do xeo mariño no Ártico.
En Europa, os osos polares poden atoparse en rexións árticas de Svalbard, en Noruega, e nas illas árticas
de Rusia, onde a súa supervivencia tamén está ameazada polo desxeo. Nestas
áreas, o derretemento do xeo afecta ás súas rutas de caza, pondo en perigo a
súa subsistencia.
Tanto o Ártico canadiense como o europeo lémbrannos a urxencia de actuar contra
o cambio climático. Os esforzos de conservación nestas rexións árticas son esenciais
para asegurar que os osos polares poidan seguir habitando os seus entornos
naturais e manter o equilibrio dos seus fráxiles ecosistemas.
"ABRAZOS QUE ABRIGAN EL ALMA"
24.10.24
ATLAS DO CEREBRO DUNHA MOSCA
Varios equipos de investigación cartografiaron por primeira vez este órgano nun exemplar adulto, que contén unhas 140.000 neuronas e máis de 50 millóns de conexións. O traballo, que ofrece a oportunidade de estudar o seu funcionamento con máis detalle do que antes era posible, facilita o camiño para mapear os cerebros doutras especies e avanzar no tratamento de trastornos cerebrais.
Con 139 255 neuronase uns 50 millóns de sinapses que as conectan. Trátase do primeiro diagrama de cableado (ou conectoma) de todo o cerebro deste insecto, a Drosophila melanogaster.
O cerebro dunha mosca da froita mide aproximadamente 250 micras e para estudalo e facer ese atlas , fixéronlle 7000 cortes!!!





.jpg)


