11.4.23

PARKINSON

 En aumento, las cifras de mal de Parkinson en México, alertan especialistas

Desde 1997, todos os 11 de abril conmemórase o “Día Mundial do Parkinson”, data impulsada pola Organización Mundial da Saúde. Ten como obxectivo concienciar á poboación acerca desta enfermidade neurodexenerativa que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. A data coincide co aniversario do nacemento de James Parkinson, un neurólogo británico que en 1817 descubriu o que naquel tempo denominou “parálisis agitante” e que hoxe coñecemos como enfermidade de Parkinson.

É a enfermidade neurodexenerativa segunda en frecuencia, por debaixo da enfermidade de Alzheimer. Aparece, como promedio, sobre os 55 anos, e si ben hai pacientes xoves, a maioría dos pacientes son adultos maiores.

 

4.4.23

CONSTELACIÓN DE ORION

 



As dúas estrelas máis brilantes da constelación son Rigel e Betelgeus. Ambas atópanse entre as dez estrelas máis brilantes do ceo. Rigel está a uns 860 ano- luz da Terra. Betelgeuse, está algo máis próxima, a uns 640 anos-luz. Tamén son espectaculares "las tres Marías": as tres estrelas do cinturón de Orión que forman un dos alineamentos estelares máis distintivos do ceo. A denominada 'Nebulosa de Orión' é unha das máis brilantes coñecidas,

 

29.3.23

DÍA NACIONAL DO TRASPLANTE

Hoxe,29 de marzo (último mércores de marzo) celebramos o "Día Nacional del Trasplante en España".

España é o país con maior tasa de donación de todo o mundo. O seu funcionamento considérase mundialmente como un exemplo a seguir; de feito, estase implantando en gran parte do mundo. Non obstante, a pesar destes datos, aproximadamente o10% dos receptores fallecen mentras esperan recibir un órgano. Por este motivo hai que seguir traballando para incentivar a donación, informando á sociedade.

Un corazón non aguanta máis de catro horas fora do corpo, uns pulmóns seis horas, mentras que un fígado só se pode manter oito horas. Os datos de 2022 presentados pola Organización Nacional de Trasplantes apuntan que España realizou unha media de 15 trasplantes diarios, acadando un total de 5383 o ano anterior.  A ONT rexistra un total de 3402 trasplantes renais, 1159 hepáticos, 415 de pulmón, 311 cardíacos, 92 de páncreas e 4 de intestino.